A emisora comunitaria da Coruña, CUAC FM, convoca o seu XVIII Concurso de Bandas e solistas para artistas de toda España
Poden presentarse artistas de diversos estilos musicais, que teñan editado como máximo un lp e o prazo de recepción de traballos finaliza o día 26 de maio de 2017.
A XIX edición do concurso contará coa colaboración do Concello da Coruña e outorgará premios a 5 bandas ou solistas.
Grazas á colaboración con Concello da Coruña, 3 dos gañadores desta XIX Edición actuarán no Festival Noroeste que se celebra en agosto na Coruña.
Das tres bandas, alomenos unha (pero poden ser más) será obrigatoriamente de A Coruña . A banda local que obteña maior puntuación obterá o Premio á Mellor Banda Local, dotado cunha cuantía económica de 700 euros.
A Batalla de bandas será o día 7 de outubro na Sala Mardi Gras
O XIX Concurso de Bandas e Solistas de CUAC FM outorgará dous premios – de 800 euros e 600 euros, para as bandas que se clasifiquen para a Batalla de Bandas que se celebrará o sábado 1 de outubro na Sala Mardi Gras. Poderán ser seleccionadas bandas de toda España.
As BASES e o FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN están dispoñibles na web: https://cuacfm.org/concurso-bandas