Son 155 as propostas recibidas sobre as que está a traballar o xurado nunha primeira fase de selección das duas nas que está previsto realizar o proceso. O fallo definitivo das bandas galegas que actuarán no Festival Noroeste será o 10 de xullo, días despois informaremos das bandas de todo o estado (galegas incluídas) que estarán na Batalla de Bandas na Sala Mardi Gras o sábado 1 de outubro.
Como este ano medrou a aportación do Concello da Coruña imos desglosar as cifras para quen poda ter interese nas mesmas.
O Concello da Coruña aporta 4500 euros para a organización e premios do XVIII Concurso de Bandas e Solistas CUAC FM.
CUAC non se queda nin un só euro desta actividade se non que revirte todo ese importe nas bandas e na difusión do concurso.
Así se reparten as cantidades:
1800 euros (600 para cada unha) para as Bandas galegas seleccionadas a través do concurso para o Festival Noroeste. O concello decidirá en qué esceario actúan.
1400 euros para premios (800 gañador e 600 segundo) da Batalla de bandas que se celebra o 1 de outubro na sala Mardi Gras. Xa participan bandas de toda España.
400 euros para a Mellor Banda Local en votación de todas as socias e socios de CUAC FM que queiran participar na elección.
400 euros para remunerar o traballo de 4 xurados externos a CUAC (100 euros a cada un). Persoas con traxectoria e prestixio relacionadas coa música que se farán públicas no momento da resolución.
200 euros para remunerar aos 4 xurados (50 euros a cada un) que asistan á Batalla de bandas para aportar o seu voto. Tendo en conta que algúns se desplazarán dente fora é case unha dieta.
A xente de CUAC que colabora na organización ou como xurado non recibe nin un euro por facelo.
300 euros para a promoción. Anuncio en Mondo Sonoro Galicia, cartelería (impresión e pegada), e promoción en Facebook.
Total 4500 euros que recibimos do Concello da Coruña
Continuaremos informando do proceso de selección a través da nosa web e das redes sociais.
METHZINA says:
Estamos expectantes!!!
Muchas gracias por esta oportunidad! Da gusto ver el desglose de toda la gente implicada en promover la música!
http://methzina.bandcamp.com
http://facebook.com/methzina
El Enano Rojo says:
Hola compañer@s!!!
Solo una pregunta, ¿sobre que día se dirán las bandas seleccionadas?
Un saludo!!!
http://www.elenanorock.com/
comunicacion says:
Hola,
Está previsto tener la resolución definitiva en torno al 10 de julio.
Saludos!