Unha delegación de CUAC FM participará este sábado 23 de xaneiro de 2015 na “Xornada de ondas libres e comunitarias” organizada pola radio libre compostelá A Kalimera. Durante a mañá, as radios integrantes da REGARLIC debatiremos sobre as problemáticas comúns e estratexias compartidas polo terceiro sector da comunicación en Galicia.

O sábado pola tarde, desenvolveranse unha serie de obradoiros formativos, nos que o noso compañeiro Alex Cortiñas, membro da coordinadora de TIL, impartirá un taller sobre streaming e o programa de grabación automática “Radioco” que desenvolvemos en CUAC FM.

CartazKALIMERAdef

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.