O pasado sábado 17 celebrouse na Sala Mardi Gras de A Coruña a Final do XVII Concurso de Maquetas CUAC FM. Pese a presentarse máis de 70 maquetas de bandas de toda España, o xurado (que escoita os temas sen saber a quen corresponden) seleccionou para a final a duas bandas galegas.

Cunha asistencia cercana ás cen persoas, os pontevedreses Onion Smile abriron a noite cun son moi compactos, temas en inglés e unha execución fantástica.

IMG-20151018-WA0004

Pasadas as 11 da noite subía á escea a segunda banda finalista, neste caso coruñesa: Bento Veloso & Los Doce Trinches. Voz persoal, letras ás que tes que prestarlle atención e unha banda entregada e con reforzo dun teclado que aportou estupendos arranxos.

IMG-20151018-WA0003

Finalizadas as actuacións, reuniuse o xurado composto por membros de diversos programas de CUAC FM. Non houbo unanimidade pero a balanza decantouse a prol de Bento Veloso e os Doce Trinches que acadou o primeiro premio dotado con 700 euros, levando Onion Smile os 500 do segundo.

Tamén estiveron presentes na entrega de premios dous dos catro compoñentes de Perpetuo Socorro, banda que acadou o recoñecemento á Mellor Banda Local dotado con 300 euros en efectivo. Cunhas palabras do presidente da nosa asociación Ozzy De Castro, pechouse a noite en Mardi Gras. Ata a 18ª Edición!

IMG-20151018-WA0001

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.