CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña participara na CAPTCHA, a Conferencia Internacional sobre “arquivado de contidos radiofónicos nos medios comunitarios europeos” que organiza a radio comunitaria de Halle (Alemaña), Radio CORAX, os vindeiros 5 e 6 xuño de 2015, co apoio da Unión Europea e na que participarán numerosas radios da rede de AMARC-Europa.
CUAC FM impartirá dúas ponencias na CAPTCHA Conference que se celebra en Halle (Alemana)
Os coordinadores de tecnoloxía de CUAC FM, Chema Casanova e Fernando Souto, presentarán o venres 5 de xuño unha ponencia nomeada “From manual analogical recording to Radioco, our Free Software automatic digital archiving of live broadcasting system at CUAC FM” (“dende a grabación analóxica manual ao “Radioco”, un software libre para a grabación automática dixital da emisión en directo en CUAC FM”).
Así mesmo, o sábado 6 de xuño, Chema Casanova, de CUAC FM, desenvolverá un obradoiro sobre: “How to setup your internet streaming to record and archive your audio streams” (“Como configurar o teu streaming de audio para gravar e arquivar a túa emisión por internet”).
Radioco é fruto dunha colaboración entre CUAC FM e a Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Desenvolvido en 2014 como Traballo de Fin de Grao por Iago Veloso Abalo, este proxecto consiste nun sistema de grabación automática da emisión en directo dunha emisora de radio comunitaria con Software Libre.
RadioCo está actualmente en fase de probas na emisora CUAC FM. Dispón dunha aplicación web y un programa grabador. “Mentras a web é a cara visible na que os oíntes poden escoitar directamente os programas a través de Internet, o programa grabador encárgase -de manera automática- de capturar o son e publicar os contidos na web” (fonte: radioco.org).
CAPTCHA Conference
O obxectivo da Conferencia, financiada con fondos de cooperación europeos, é o intercambio de experiencias e “boas prácticas” entre os medios comunitarios europeos sobre os procesos de arquivos de contidos radiofónicos.Na CAPTCHA participarán diferentes expertos en arquivado e representantes de medios comunitarios comunitarios de toda Europa, como Radio Urban de Kosovo;Radio Študent de Slovenia; Radio Future, UK; Pi Radio, Alemaña; Radio FRO, Austria; Fréquence Sillé, Francia.
Este traballo de CUAC FM está enmarcado dentro das liñas de innovación tecnolóxica que estamos a desenvolver dende a emisora, dando continuidade ao traballo desenvolvido por Iago Veloso, desenvolvedor de RADIOCO, que xa fora presentado no Encontro Europeo de Medios Comunitarios celebrado en A Coruña en 2014.
Agardamos que esta exitosa experiencia veña cargada con novas ideas e proxectos para a Coruña.
O programa completo da Conferencia pódese atopar en http://www.livingarchives.eu/conference