CUAC FM presentou no VI Encontro de Arquitecturas colectivas (Valadares-Pontevedra, 11-14 de setembro de 2013) o proxecto “Caixa Máxica” que posibilitou o seu actual Estudio de Gravación Alexandre Bóveda.

Os ponentes foron: Ildefonso García de Longoria (arquitecto e socio de CUAC), que describiu as características arquitectónicas do proxecto; Fernando Losada (socio de CUAC e “obreiro” da Caixa), que comentou a experiencia da obra e falou do pasado e presente de CUAC FM; Mónica Alonso (socia de CUAC e coordinadora de Contidos e Formación da emisora), que presentou as actividades desenvolvidas por CUAC grazas á Caixa Máxica.

Elaborouse un vídeo que recolle os principais aspectos do proxecto e que foi presentando no Encontro. https://www.youtube.com/watch?v=UlSyGne4L5Q

Deixar unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.