ESPECIAL DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2018
O sábado 5 de Maio de 2018, CUAC FM, a radio comunitaria de Coruña, emitiiu un programa especial en directo, dende o parque de Santa Margarida, adicado á ciencia como ferramenta para mellorar a calidade de vida das persoas e dos ecosistemas. Un programa producido no marco do XXIII Día da Ciencia na Rúa, organizado polo Asociación de Amigos da Casa de las Ciencias.
Ao longo de 3 horas de programa en directo entrevistamos a científicos que traballan na Coruña como Santiago Parra, Director do Centro Oceanográfico de A Coruña, institución que este ano cumpre o seu 50 aniversario!
Adina Dumitru e Ricardo García Mira, da Universidade da Coruña, xunto coa Concelleira de Medio Ambiente da Coruña, María García, faláronos do Simposio Europeo “Horizon 2020 european dialogue and clustering action transforming cities, enhancing wellbeing: innovating with nature-based solutions”, que se celebrarán na Coruña el 16-18 maio, dentro do proxecto de I+D+I CONNECTING NATURE
Contamos tamén coa participación de Miño Guerreiro, representante de Enxeñeiros sen Fronteiras Galicia, que ven de celebrar o seu 25 aniversario dende a súa fundación na nosa comunidade.
O progama rematou con dúas entrevistadas de luxo, a directora do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, Marián del Egido e Paloma Domingo, recén nomeada directora xeral da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).
Mais os grandes protagonistas da xornada foron, por suposto, os nosos xóvenes cientificos, os estudantes dos centros de primaria e secundaria chegados de todas partes de Galicia que nos presentaron os seus experimentos máis inxeniosos. Pasaron polos micrófonos de Cuac FM Juan Luis Naveira Bellón e Javi Cortegoso (ES Eduardo Blanco Amor de Culleredo), Manuel Pérez e Sergio Ruzo (CPR Plurilíngüe Valle- Inclán 1 de Ferrol), A alumnas de 2º da ESO do Colegio Salesianos de A Coruña, MªAntonia Peris, profe de ciencias do Colexio Montespiño, as alumnas e profesores do colexio Nosa Señora do Rosario de Aspronaga, o IES María Casares de Oleiros, o CPR de Nosa Señora do Carme de Betanzos, entre moitos outros.
Podedes atopar fotos e vídeos de todas as entrevistas/os nas nosas redes sociais:
FB: https://www.facebook.com/cuacfm/
TW: https://twitter.com/cuacfm
Un programa de tres horas de duración presentado por Isa Lema e Samu Cao. Ao fronte do equipo técnico estiveron Mr Iverson, Mariano Fernández e Chema Casanova. E na producción contamos cun equipazo conformado por Roberto Catoira e Bea Ulalume (rexiduría), Roberto Ansede e Mario Lois (redes sociais), Mónica Alonso e Nuno Cabezudo (reporteiros a pé de estudo). Como reporteiros destacados nas Jaimas da Casa das Ciencias contamos con Concha Maneiro, Marta Gómez e Chus Abeledo e Rodri Gil.
ESCOITA O PODCAST:
https://cuacfm.org/radioco/programmes/dia-da-ciencia-na-rua/6×1/
ESPECIAL DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2017
O sábado 6 de Maio de 2017 CUAC FM desprazouse por 5ª edición consecutiva ao parque de Santa Margarida da Coruña para facer unha cobertura en directo e a pé de rúa sobre o XXII Día da Ciencia na Rúa, organizado polo Asociación de Amigos da Casa de las Ciencias.
Un programa de tres horas de duración presentado por Isa Lema e Samu Cao. Ao fronte do equipo técnico estiveron Mr Iverson, Mariano Fernández e Chema Casanova. E na producción contamos cun equipazo conformado por Roberto Catoira (producción), Tomi Desastre e Roberto Ansede (producción, comunicación, redes sociais), Mónica Alonso (reporteira micro inalámbrico). Como reporteiros estrelas contamos con Paula Veira, Chus Abeledo, Toñi Quelle, Kiko Rey, Nuno Agustin, Luis Santillana e Concha Maneiro.
ESCOITA O PODCAST:
https://cuacfm.org/radioco/programmes/dia-da-ciencia-na-rua/5×1/
Entrevistados deste ano:
Polos micros de CUAC FM nesta xornada festiva pasaron ducias de rapazas e rapaces que nos emocionaron co seu interese pola ciencia e a divulgación do coñecemento adquirido cos seus experimentos. Os entrevistados deste ano foron a Asociación GLU ON, o IES Agra do Orzán, a Axencia de Doazón de Órganos, Borja Tosar e os responsables do proxecto Spoilers de Ciencia.
Alumnado do IES Xosé Neira Vilas de Perillo e do Colexio Calasanz Escolapios da Coruña. Santiago Parra, director do Centro Oceanográfico da Coruña. Jaime Rodriguez, director do CICA-Centro de Investigacións Científicas Avanzadas da Universidade da Coruña. Diego Carro, profesor da facultade de Camiños da UDC. Alumnado da Universidade Laboral Culleredo e do Colexio Grande Obra De Atocha de Betanzos.
ESPECIAL DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2016
Hoxe, primer sábado de Maio como todos os anos é un día moi especial ó celebrarse o XXI Día da Ciencia na Rúa, organizado polo Asociación de Amigos da Casa de las Ciencias.
Este ano, xa é a cuarta ocasión na que CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña fai unha cobertura especial en directo dende o parque de Santa Margarida o pe da Casa das Ciencias.
Un programa de tres horas de duración presentado por Isa Lema e Samu Cao. Ao fronte do equipo técnico estiveron Mr Iverson e Chema Casanova.
Na rexiduría, Tomi Desastre. Nas redes sociais, Roberto Ansede. Os nosos estupendísimos reporteiros e reporteiras foron: Javier Sal, Silvia Touza, Xían Lois, Ángela Precedo, Cintia García e Mary Carmen Vivas.
Polos micros de CUAC FM nesta xornada festiva pasaron ducias de rapazas e rapaces que nos emocionaron co seu interese pola ciencia e a divulgación do coñecemento adquirido cos seus experimentos. Se non tiveches ocasión de escoitar en directo as 3 horas de programas acabamos de publicar o podcast para que desfrutes da ilusión que nos trasladaron as persoas que pasaron polos nosos micrófonos.
ESCOITA O PODCAST:
https://cuacfm.org/radioco/programmes/dia-da-ciencia-na-rua/4×1/
Entrevistados deste ano:
Comezamos o programa cunha entrevista a Ángel Loureiro, Director dos Museos Científicos da Coruña.
IES Agra do Orzán, preséntanos o seu proxecto AgrABotánicA, deseñado por alumnos/as de 4º ESO e 1º Bacharelato para traballar as aplicacións da Botánica na Alimentación cotidiá e na saúde. Entrevistadas: Tamara Rivas e Melina de Souza, acompañadas pola súa profesora, Mª José Mosquera.
Alumnos e alumnas do IES de Elviña, acompañados de Pedro Martín Aláez
Na Jaima do Colexio Calasanz están a traballar o problema das bioinvasións, en concreto da vespa velutina (asiática) que acaba coa poboación de abella co conseguinte problema socio-ambiental.
Agrupación Astronómica Coruñesa Io que nos falaron do próximo acontecemento astrómico que podemos disfrutar dende A Coruña, Spain. O próximo luns dende as 13:00 ata as 19:00 se a meteoroloxía o permite estarán o pe da Casa de las Ciencias terán un telescopio C11 cun filtro solar para poder ollar o tránsito de Mercurio.
Santiago Parra, o director do Instituto Oceanográfico da Coruña (http://www.co.ieo.es/) Oceano, está con Cuac FM outro ano máis. Acaba de falar de ilustrarnos explicado de onde veñen as esponxas de mar a como é posible medir a temperatura da a 5.000 metros de profundidade. Totalmente recomendable pasar pola súa Jaima e podedes ver como son as diferentes artes de pesca. Non vos esquezades de pasar polo oceanográfico cando fagan a súa xornada de portas abertas.
Os estudantes do IES Plurilingue Rafael Dieste tiñan encomendado por @Cuac FM facer una revisión de todas as Jaimas. Este ano estiveron os alumnos do Rafael Dieste estiveron en Cuac FMgrabando un podcast de divulgación científica e nos contan a súa experiencia radiofónica. Aquí están: Almudena Rodríguez, Ana García, Pablo Alonso y Martiño Pailos
Alumnas e profes do Colexio Cid de A Coruña
Javier Novelle, presidente da Asociación de Amigos CasaCiencias, os responsables da organización deste Día da#CienciaNaRua. Novelle resalta a importancia da liberdade de escoller a temática de cada un dos centros e a capacidade te teñen de sorprendernos ano a ano.
Jaime Rodríguez González, o director científico do Centro de Investigacións Científicas Avanzada (CICA) da Universidade da Coruña, Joana Magallanes e Eva Poveda do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña que on unas fixas en @CUAC FM o día da#CienciaNaRúa.
20 ANIVERSARIO DO DÍA DA CIENCIA NA RÚA (2015)
Benvidos e benvidas, por terceiro ano consecutivo, ao programa especial de CUAC FM adicado ao día da Ciencia na Rúa 2015. Cando se cumpren 20 anos desta maravillosa iniciativa, CUAC FM celébrao como mellor sabe facer, cun programa en directo, dende o parque de Santa Margarida, e conversando, durante 3 horas ininterrumpidas, cos verdadeiros protagonistas da xornada: investigadores e científicas, profesorado e alumnos e alumnas, que nas máis de 40 jaimas, presentaron o 9 de maio de 2015 os seus experimentos científicos á cidadanía coruñesa.
Un programa presentado por Isabel Lema e Samuel Sánchez Cao. No traballo de rexiduría estiveron Mónica Alonso e José Lemur. No apartado técnico, Alex Cortiñas, Iverson e Chema Casanova. Os nosos reporteiros dicharareiros foron Rubén “Orión” e Paula Veira. No traballo de documentación e producción estiveron Bea Ulalume e Gema Millán.
Presentación e Entrevista ao MUNCYT
Comezamos o noso programa cunha interesantísima entrevista coas directoras do Museo da Ciencia e da Tecnoloxía (MUNCYT), concretamente coa directora Marián del Egido e a coordinadora de sede, Ana Correas Galán coas que falamos do 40 aniversario dun fito tecnolóxico que cambiou a nosa visión do cinema, o vídeo Betamax!
Grupo de Estudio dos Animais Salvaxes (GEAS)
O noso segundo convidado da mañá foi o presidente do Grupo de Estudio dos Animais Salvaxes, G.E.A.S., Xosé Pardavila, con quen falamos do imprescindible que é que coñezamos a fauna e fora das terras e mares de Galicia.
Colexios Montespiño e Santo Domingo (A Coruña)
Elena e Almudena, alumnas do Colexio Montespiño nos falan do experimento que presentan na súa jaima, onde nos preguntan Ónde está a xeometría? A nosa reporteira Paula estivo con catro alumnas do colexio Santo Domingo, Raquel, Laura, Sara e Laura que viñeron ao día da ciencia na rúa cun experimento chamado “caracteres mendelianos”.
Déborah García Bello e IES David Buján de Cambre
Entrevistamos tamén a Déborah García Bello, premio Bitácoras 2014 ao mellor blog científico, que nos avaliou a calidade dos proxectos presentados este ano. Falamos de educación e ciencia e sobre como “enganchar” aos rapaces no gusto polo coñecemento, dende o traballo das aulas.
Coa colaboración de Débora, entrevistamos tamén a dúas alumnas do IES David Buján de Cambre, Nuria e Andrea, que nos viñeron falar dun experimento no que está en xogo o noso olfato: cheiran os perfumes igual en todas as persoas? Nuria e Andrea viñeron acompañadas do seu profe de ciencias, Jose Viñas e tamén de Noe e Uxía, que nos falaron do exitoso experimento sobre os clicles que as levará a Brasil. Se queredes saber máis, só tedes que escoitar a entrevista.
Instituto de Investigación Biomédica da Coruña
Joana Magallanes e Eva Poveda son investigadoras do INIBIC, o Instituto de Investigación Biomédica da Coruña, no que 300 persoas do CHUAC e da UDC desenvolven novedosas técnicas de biomedicina que veñen a beneficiar a calidade dos tratamentos dos pacentes do CHUAC e do resto do Estado. Con elas falamos na necesidade de investir en ciencia e da aplicabilidade inmediata que ten toda a investigación que desenvolven no INIBIC.
IES de Elviña e Instituto Oceanográfico da Coruña
Zintia, Ismael e Leo, xóvenes científicos do IES de Elviña, amosáronos as diferencias entre peso e masa e sobre os traballos científicos que desenvolven no seu centro. Estes rapaces son capaces de medir o peso cunha panca baseada na balanza romana e tamén trouxeron un billar elíptico co que estudar as propiedades da elipse.
A continuación, mantivemos unha interesantísima conversa con Santiago Parra, director do Instituto Oceanográfico da Coruña, con quen falamos da sustentabilidade dos recursos pesqueiros, especialmente daqueles máis próximos ás nosas costas, e das tarefas de descontaminación de fuel como as que se están a facer nas costas canarias, por mor dos recentes verquidos.
CPI Otero Valcarce, Asociación Galega de Xadrez, BRICOLABS e IES Maristas
No día da ciencia na rúa 2015 homenaxeouse co Premio Luís Freire 2015 na categoría de primaria ao CPI Otero Valcarce de Carral, por un curioso experimento científico que demostrou que “A luz pon verdes ás patacas brancas”. Laura, Alex, Paula, Marta e Hugo, acompañados pola súa profe, nos explicaron como chegaron ata tal resultado científico.
Os noso reporteiro Rubén entrevistou a Florencio, da Asociación Galega de Xadrez, que nos explicou o traballo que desenvolven durante todo o ano.
Falamos tamén con Pedro García, da asociación BRICOLABS, que naceu coa filosofía de divulgar as tecnoloxías abertas e que presentou no día da ciencia os seus últimos robots, impresoras 3D e hardware libre que chamou a atención de nenos e adultos.
Paula troúxonos as testemuñas de Claudia, Carlos e Ana, de 1º de Bacharelato de Maristas, que nos presentaron o experimento “a árbore da vida”, a evolución dende a célula Luca ata os cen millóns de especies que poblan a terra.
Asociación Amigos da Ciencia na Rúa: unha sorpresa para Javier Novelle, en directo!
A última, pero mais emocionante entrevista na xornada tivémola con Javier Novelle, presidente da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias que, en directo na sintonía de CUAC FM, foi homenaxeado polos seus compañeiros da Casa das Ciencias e polos organizadores do evento. Cantámoslle un merecido cumpreanos feliz por estos 20 anos de día da ciencia na rúa, xunto co seu novo “cabezudo”. Samu e Isa emocionáronse tamén con Novelle, toda unha sorpresa!
Despois desta despedida so nos queda dicir… Ata o ano que ven!
ESPECIAL DÍA DA CIENCIA DA RÚA 2014
Programa en directo de 3 horas de duración, que se realizou dende a Casa das Ciencias da Coruña, e que contou coa colaboración do Concello da Coruña e da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.
Nesta edición tivemos a oportunidade de conversar con: Joana Magallanes (investigadora) e Estíbaliz Espinosa (poeta), do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña; Bibliotecas Municipais da Coruña; Basilio, membro da organización; os alumnos do IES Eusebio da Guarda, do Colexio Calasanz, Colexio Montespiño, IES Elviña, IES David Buján (Cambre); aos gañadores dos Premios Kiics: Alba Fernández, Sara González, Alvaro Lafuente. Así mesmo, interviron Jesús Santalla (presidente) da Unión de Radioaficionados da Coruña; Cruz Vermella; CPR Salesianos San Juan Bosco; Grupo Scout Hércules. Acompañaronnos tamén profesores da UDC: da Facultade de Ciencias da UDC: Andrés Martínez (profesor de xenética); Facultade de Enxeñería de Camiños: Daniel Díaz Grandío (por Cartolab); Ricardo García Mira (catedrático de psicoloxía social e ambiental). Participaron a Banda Municipal: José Luis Represas (director); a Escola Infantil Municipal Os Cativos: Fernando Rouco Baña (educador infantil); máis a Asociación Galega de Axedrecistas: Ernesto Pérez (presidente)
Un programa realizado por Esteban FM, Isa Lema, Alex Cortiñas, Mónica Alonso, Iverson, Chema Casanova, Rocío e Raquel de RqR e Roberto Catoira.
ESPECIAL DÍA DA CIENCIA DA RÚA 2013
A emisora comunitaria de A Coruña, Cuac FM, realizou un especial radiofónico desde a entrada da Casa das Ciencias, no Parque de Santa Margarida. Nel, falamos desta festa da ciencia que, ano tras ano, organiza a Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias, e na que participan colexios da Coruña e outras partes de Galicia, ademáis de diferentes organizacións.
PRIMEIRA PARTE DO PROGRAMA
SEGUNDA PARTE DO PROGRAMA
Durante tres horas de programa entrevistamos a Javier Novelle, Pte. da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias; Basilio, participa na organización do día da Ciencia na Rúa; o IES Elviña; o colexio Andaina; Santiago Parra, Director do Centro Oceanográfico da Coruña; Silvia Cedeira e Xoan Cardelle, da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío; Xulio López, do Grupo Scout Hércules; Dani, Alén e Brenda, representantes das Bibliotecas Municipáis; Marcos Pérez, Director da Casa das Ciencias; o Colexio Calasanz; a Facultade de Ciencias; o Colexio Franciscanos (que nos falaron do cubo de Rubil); o CEIP Vicente Otero Valcarcel de Carral; Escola Infantil “As Galeras” de Oleiros; Tucho Méndez, que nos falou das impresoras 3D; e moitas persoas, pequenas ou maiores, visitantes do Día da Ciencia na Rúa, que nos contaron as súas experiencias.
EQUIPO ESPECIAL: Cuac FM formou parte deste acontecemento cun programa conducido por Isa Lema e Esteban Fernández. A parte técnica recaeu en Iverson (desde o parque) e Mariano Fernández (desde o Estudio José Couso, na Zapateira). As reporteiras do programa foron Mónica Alonso e María Ramírez. Na producción participaron Bea Ulalume, Roberto Catoira, Tomi Desastre e Javi Amado. Colaboraron na producción, Fernando Losada, Noel Miguélez, Laura Pazo, Tamara Meizoso, Roberto Fernández e Ángela Triana.