CUAC FM emite en directo desde o DATAfórum Justicia

CUAC FM chega a Palexco con micrófonos e cámaras: este mércores 21 de outubro emitiremos en directo desde o DATAfórum Justicia, o encontro sobre datos, intelixencia artificial e transformación da xustiza que se celebra na Coruña ata o 23. O venres, ademais, retransmitiremos en vídeo o DATAthon.

CUAC FM emite en directo desde o DATAfórum Justicia

CUAC FM estará este mércores 21 de outubro no DATAfórum Justicia, que ata o venres 23 reúne en Palexco profesionais do dereito, da tecnoloxía e das institucións. Desde o propio recinto faremos un directo ás 10.00, que poderás seguir en cuacfm.org e no 103.4 FM ademais de en video na nosa web e na canle de Twitch.

O programa chega á súa quinta edición cun formato máis amplo: 180 expertos nacionais e internacionais e máis de 200 actividades entre relatorios, mesas de debate, cursos, talleres e videopodcasts. Entre as voces anunciadas están Alberto Gago, director xeral da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA); o físico cuántico José Ignacio Latorre; o catedrático de Dereito Procesual Jordi Nieva Fenoll; e a enxeñeira de IA Alba Meijide. Na parte cultural participan a humorista Carolina Iglesias, o guionista Carlos Montero e a violoncelista Alejandra Díaz.

O programa de CUAC, Café con gotas emitirá tamén o mércores ás 16.00 unha edición especial desde o Palexco.

O DATAthon, en vídeo o venres

O venres 23 retransmitiremos en vídeo o DATAthon Justicia 2026, onde máis de 100 estudantes e persoas profesionais novas de distintas disciplinas traballan en equipos sobre tres retos: desigualdade silenciosa, infancia e xuventude, e neurodiversidade. Un xurado valorará as propostas e outorgará dous premios de 1.000 euros: á mellor solución de viabilidade técnica e á máis innovadora. Este ano estrea tamén o Prompathón, dedicado ao uso da IA con documentos xudiciais anonimizados, cun terceiro premio de 1.000 euros.

Como seguir o evento

O DATAfórum Justicia ten acceso gratuíto mediante inscrición previa e está en Palexco (Peirao dos Transatlánticos, s/n).

Non perdas ningunha novidade de CUAC FM. Subscríbete á nosa newsletter!

Compartir