CUAC FM continúa a celebrar actividades para conmemorar o seu 30º Aniversario. O sábado 21 de marzo, ás 13:04 horas, convoca a todas as persoas que o desexen a achegarse á Praza de María Pita e sumarse á gran fotografía da familia CUAC FM. Ointes, amizades, locutoras, equipos de producción, artistas que participaron no Concurso de bandas e solistas. En definitiva, calquera persoa que sinta orgullo de que á nosa cidade teña unha radio comunitaria será benvida para esta fotografía.

Se coñeces xente que pensas que pode desexar estar o día 21 en María Pita, compártelle esta información. Moitas grazas! Ah, se tes camiseta de CUAC, por suposto, será estupendo que a traias posta ese día.
CUAC imprimirá cartaces coa fotografía elixida para repartir pola cidade e nas redes sociais. Por tanto, as persoas que voluntariamente participen na mesma dan o seu consentimento para a difusión da súa imaxe. CUAC FM non obterá ningún tipo de rendemento económico con esa fotografía.