Xa se pode ver na nosa canle de YouTube o vídeo íntegro do acto de presentación do libro Que bonitas son as ondas radiofónicas. 30 anos de CUAC FM, celebrado no Circo de Artesáns da Coruña nun ambiente cargado de emoción, lembranzas e celebración colectiva.
O acto contou coa participación de persoas clave na historia da emisora, como Paula Alonso, Estela López, Isa Lema e Mariano Fernández, ademais doutras voces vencelladas á cultura, á comunicación e á comunidade que medrou arredor de CUAC FM ao longo destas tres décadas. Na presentación tamén intervirón Inés Rey, alcaldesa da Coruña e Ricardo Cao, reitor da UDC.
Durante a presentación compartíronse reflexións, anécdotas e historias que axudan a entender o valor da radio comunitaria e o camiño percorrido por CUAC FM desde a súa creación, nun encontro que serviu tamén para poñer en valor o traballo colectivo recollido nesta obra conmemorativa.
👉 O vídeo xa está dispoñible para todas aquelas persoas que non puideron asistir ao acto ou que queiran revivilo completo.