BUSE-MUSE

Cuac FM fleta outro bus. Esta vez, para ver a Muse

O 27 de agosto de 2010, Muse dará un concerto en Galicia. Desgraciadamente (para nós), non será na Coruña, senón no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela. Pero os fans coruñeses deste famoso grupo están de noraboa: a radio comunitaria Cuac FM fletará un bus para asistir ao Concerto, como xa fixera con motivo da actuación de Patti Smith en Vigo.

PattiSmithBus

Cuac FM fleta un autobús para asistir ao concerto de Patti Smith en Vigo

O domingo 18 de xullo unha rockeira histórica (a de Bicos de nai, sen ir máis lonxe :) estará actuando con banda rockeira no Auditorio de Castrelos.

CUAC FM continua apoiando á música e facilita a asistencia aos que queiran ir sen pagarlle a Audasa un pastón. Bus ida e volta: 12 euros (os socios de Cuac só pagan 10 €). Entrada 10,75 á venda en www.servinova.com (se pode ver gratis dende máis arriba)

Información e inscricións: buscastrelos@cuacfm.org