FORMACIÓN EN CUAC FM

QUERES FACER UN PROGRAMA DE RADIO EN CUAC FM? FORMÁMOSTE PARA ELO.

O plan de iniciación á comunicación radiofónica é o noso programa formativo dirixido aos novos socios e socias de CUAC. Poden participar persoas sen coñecementos previos de comunicación radiofónica.

A formación realízase con carácter mensual e conta cunha duración de 10 horas (7 teóricas + 3 prácticas). Os contidos do programa formativo son:

  • Módulo 1: Asociacionismo e Medios Comunitarios (2 horas).
  • Módulo 2: Xornalismo e produción radiofónica (3 horas).
  • Módulo 3: Locución radiofónica e control técnico. (2 horas).
  • Módulo 4: Módulo práctico: produción do programa comunitario “Ar de Coruña” (3 horas).

Se queres formar parte de CUAC FM e acceder ao nosos plans de formación envía un correo a comunicacion@cuacfm.org

PLAN DE FORMACIÓN CONTINUA

CUAC FM ofrece ao longo do ano, ás súas persoas asociadas, diversos talleres de formación especializada, entre os que se atopan:

  1. Taller de “Trello”, unha aplicación web para a xestión do traballo en grupo (impartido por Iverson).
  2. Formación para o uso do estudo de grabación “Alexandre Bóveda” (Impartido por Ángela Triana).
  3. Formación para o uso da unidade móvil  para a emisión de programas en exteriores (impartido por Chema Casanova e Alex Cortiñas).
  4. Taller de “Audacity”, programa de software libre para a edición de audio (impartido por Patxi Mútiplex) .
  5. Escola de voz”, formación para o coidado do aparato fonador (impartido pola logopeda Patricia Hidalgo).

Por outra banda, CUAC ofrece tamén obradoiros especiais sobre radios destinada á cidadanía non asociada a CUAC. Estes obradoiros organízanse dende a nosa ESCOLA DE RADIO E ASOCIACIONISMO, en colaboración con diferentes entidades, xeralmente nas instalacións destas.