11x1 ESPECIAL DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2025

...

11x1 Especial Día Da Ciencia Na Rúa 2025

O pasado 10 de maio de 2025, CUAC FM produciu un programa especial, EN DIRECTO, de 11:00 a 14:00 horas, dende o Parque de Santa Margarida, aos pes da Casa das Ciencias, e convidou a pasar polos seus micrófonos  aos protagonistas do Día da Ciencia na Rúa 2025: alumnado, profesorado, persoal investigador das diferentes Jaimas que conforman a decana feira científica de Galicia.

Para elo, contamos cun equipo de excepción, conformado por voluntarias e voluntarios de CUAC FM, e tamén coas excelentes estudiantes da facultade de Comunicación Audiovisual da UDC, Sara Rodríguez, Iyana Fernández, Paula Rodríguez, Rita Senra e Sara Ramos.

CONTIDO DESTACADO

Investigación, ciencia cidadá e fontes urbanas

A primeira entrevista foi á Cátedra Emalcsa-UDC, coa participación de Ricardo Vázquez, director de I+D de Emalcsa, e representantes do Grupo Naturalista Hábitat, como Andrés Pereira. Xunto ao alumnado do IES Rafael Dieste, presentaron o proxecto “Amor de auga lixeira”, unha proposta de divulgación sobre as fontes da cidade a través do programa COAWA.

Mulleres galegas na ciencia e talentos inclusivos

O IES Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta) presentou as súas iniciativas sobre as mulleres galegas na ciencia a través do proxecto MULLERES EN STEM 11F, que inclúe xogos interactivos, tarxetas e entrevistas elaboradas polo propio alumnado. Tamén explicaron o seu traballo dentro do Proxecto Talentos Inclusivos do CITIC, centrado en solucións para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade.

As súas propostas abranguen desde taboleiros de pictogramas con son, soportes adaptados para cadeiras de rodas ou karaoke, ata recreacións de ceo estrelado con materiais reciclados e pictogramas impresos en 3D. Actividades realizadas por alumnado de ESO e Bacharelato.

Talleres científicos, experimentos e divulgación

O programa recolleu tamén a participación de centros como o IES A Sardiñeira, que presentou un proxecto de supervivencia científica cun sistema de comunicación telegráfica caseiro, ou o CEIP Sagrada Familia, que achegou actividades sobre medio ambiente e ADN con nenos e nenas de Infantil e Primaria.

Desde Carral, o CEIPP Vicente Otero Valcárcel mostrou unha ampla gama de experimentos científicos: dende guitarras eléctricas de cartón ata carreiras robóticas e reprodución vexetal de aguacates.

A ciencia tamén estivo presente coa voz de expertas como Yolanda Golías, da Unidade de Divulgación Científica da UDC, e Eva Cabanelas, profesora e divulgadora coñecida polos seus monólogos científicos en galego.

A voz da cidadanía e da Alcaldesa da Coruña

Durante o programa realizáronse múltiples entrevistas a pé de rúa, preguntando ao público pola súa impresión sobre a feira e cal foi a súa jaima favorita, creando así un espazo de participación activa e espontánea. Tamén a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, pasou polos nosos micros para amosar o seu apoio aos centros educativos e falar da Rede de Museos Científicos Coruñeses

A xornada pechouse coas intervencións de entidades como CITIC-Talentos Inclusivos, coa presenza de Paula de Santos, Jorge Rivadulla, Irene Brage e Lucía Martínez, que amosaron produtos accesibles creados con tecnoloxía 3D e xogos adaptados para persoas con discapacidade.

Participaron tamén membros do CICA (Centro de Investigacións Científicas Avanzadas), a Agrupación Astronómica ÍO e o Colexio Liceo La Paz, entre outros.

A ciencia tomou a rúa en CUAC FM cun programa especial no que demos cobertura ao traballo desenvolvido nos centros educativos de toda Galicia, entrevistas a pé de rúa, 

EQUIPO CUAC FM:  

Conducción: Isabel Lema, Samuel Sánchez Cao, Camilo Rey  

Control técnico: Mariano Fernández Cabarcos, Chema Casanova    

Rexiduría: Bea Ulalume  

Redes Sociais: Tomi Desastre

Reporteiras: Miguel Anxo Facal, Estela Malhumoradas, Hortensia Simplemente Gente, Paula Alonso, Rita Senra, Marga Lago, Silvia Villarino, Sara Rodríguez, Iyana Fernández, Paula Rodríguez e Sara Ramos. 

Podcast

Lista de programas

Fecha: 10 de May de 2025 a las 11:00

Programa: Día da Ciencia na Rúa

categoría: Ciencia y medicina

RSS:

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo