1 de abril de 2010

Entra en vigor a Lei 7/2010, de 31 de marzo, General de la Comunicación Audiovisual, que recoñece aos medios comunitarios como un dereito da cidadanía e regula no artigo 32 e na Disposición Transitoria os servizos de comunicación audiovisual comunitarios sen ánimo de lucro. A Lei establece que os medios comunitarios que emitían antes do 1 de xaneiro de 2009, “optarán a licenzas ou autorizacións nas mesmas condicións nas que viñan prestando a súa actividade."

17 de xuño de 2011

CUAC solicita á Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia a concesión de autorización de emisión, de acordo co disposto na Lei 7/2010 General de Comunicación Audiovisual e na Disposición Transitoria da mesma. A Xunta de Galicia denega a petición

Verán de 2012

O Consello da Xunta convoca un concurso público de licenzas de radio comerciais, sen contemplar ás emisoras comunitarias. CUAC decide presentarse igualmente, mais non somos unha radio comercial nin temos ánimo de lucro.

Outubro 2013
Xaneiro 2014

CUAC FM viaxa a Bruxelas e Estrasburgo, convidada polo Parlamento Europeo, onde denuncia a discriminación que viven os medios comunitarios en España e a situación de inseguridade xurídica na que se atopa CUAC FM. En Estrasburgo presentamos o decálogo de recomendacións ao Parlamento Europeo e á Comisión Europea para a defensa e promoción dos medios comunitarios na UE.

Ano 2016
Cuac FM cumpre 20 anos

O Pleno Municipal do Concello da Coruña recoñece o labor de CUAC aprobando unha moción de apoio aos medios comunitarios.

Setembro 2017

A Xunta de Galicia abre un expediente sancionador, a instancia do Ministerio de Industria, e ameaza cunha sanción de 100.001 a 200.000€. O 1 de outubro de 2017 CUAC apaga as súas emisións na FM. Seguimos facendo radio en Internet. Seguimos defendendo o noso dereito a comunicar. Presentamos alegacións. Contamos co recoñecemento do Concello da Coruña e da Deputación da Coruña, que aprobaron sendas mocións de apoio. Contamos co apoio do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, da Rede de Medios Comunitarios, da Asociación Mundial de Radios Comunitarias. Contamos tamén contigo!

Unha imaxe vale máis que mil palabras

Un breve resumo da frenética actividade
da asociación tanto dentro como fora da radio.