1x1 Radio Barrio Montealto

...

1x1 Radio Barrio Montealto

Programa de Cuac FM gravado o 29 de marzo de 2017 no Centro Cívico Municipal de Monte Alto dentro do plan #CulturaDeBarrio da Concellaría de Culturas do Concello da Coruña coa colaboración do IMCE. Nel demos voz a artistas da cidade e especialmente de Monte Alto. Este programa foi posible grazas á coprodución dos artistas César Ortiz, Javi Bello, Eva Jáudenes, Marina Dans e Nacho Pena.

Nestas dúas horas tivemos de todo. Empezamos situándonos no barrio cunha Radiografía de Montealto (si, Montealto todo xunto, é aposta) por Bea Ulalume, seguida por un Mosaico Sonoro feito por Mónica Alonso que nos deixou claro que á veciñanza gústalle viaxar.

Sandra Candal, blogueira de El Viaje de mi Vida e cantante de Scandal, falounos das súas experiencias viaxando soa.

Enrique Acitores, profesor de xadrez do C.C. Monte Alto, contóunos cando foi traballar á República Dominicana e acabou no cárcere.

Bailamos coas cancións en directo de Alameinn da man de César Ortiz, Javi Bello e Johnny Bello.

Eva Jáudenes, Marina Dans e Nacho Pena, da compañía de teatro Noite Bohemia, fixéronos rir e participar en varias pezas dramatizadas.

Tono Galán e Javier Espasandín puxéronnos ao día do Proxecto Cárcere.

Anxo Miján, Micaela Areas, Xaco Castro, Fernando Román, Sara Castro e Elvira Morales, da Asociación Cultural Son d’aquí, atrevéronse cunha retransmisión moi especial e diferente.

O fotógrafo David Salgado deixou retratado o espírito do programa e falounos da súa profesión xunto con Sandra García Rey, quen tamén nos contou sobre a sala Nautilus.

Marian Ledesma, cantante de blues xunto con Los Tinaquero Brothers, explicounos as súas peripecias cantando na rúa e deleitounos cunha versión moi particular… Perdón, moi comunitaria. ;)

Durante o programa escoitamos músicas do mundo e regalamos camisetas de Cuac FM a quen adiviñase os países de orixe.

E rematamos cun poema humorístico adicado ao barrio de Monte Alto (reclamacións a Rodri Gil e Martín Arceo) que nos acolleu neste día tan especial.


Presentado por Mónica Alonso e Rodri Gil coa colaboración de Tomi Desastre, Ozzy de Castro e Bea Ulalume. Roberto Ansede e Mariano Fernández aos controis. Roberto Catoira á rexiduría. Este programa foi posible grazas tamén a Diego de la Vega (non, ese non, o outro), Julia Huertas, Tono Galán e Isa Lema.

Podcast

Lista de programas

Fecha: 7 de May de 2017 a las 18:00

Programa: Radio Barrio

categoría: Sociedad y cultura

RSS:

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo