4x5 Eólicos en Galicia, solución ou problema?

...

4x5 Eólicos En Galicia, Solución Ou Problema?

Onda Ciencia ponlle o ramo á súa cuarta tempada cun dos debates máis intensos, complexos e estratéxicos que afronta o noso territorio hoxe: aquel sobre o modelo de implantación da enerxía eólica en Galicia.

Nun contexto de transición enerxética global cara á descarbonización, Galicia sitúase como un actor xeotáctico clave. Pero, a que custo? É posible o equilibrio entre o progreso industrial e o respecto á nosa terra? Neste último episodio, en Onda Ciencia analizamos o impacto dos muíños de vento desde unha tripla perspectiva: a riqueza do noso patrimonio e da nosa paisaxe cultural, as innovacións tecnolóxicas da eólica mariña mar a fóra (offshore) e a balanza económica entre os custos locais e os beneficios globais. Para afondar nesta realidade, conversamos con tres voces expertas da Universidade da Coruña (UDC):

- Vicente Díaz Casás. Profesor titular na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol e membro do Grupo Integrado de Enxeñaría (Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais do Campus Industrial de Ferrol). É especialista en deseño naval, seguridade marítima e enerxías renovables mariñas.

- Aurora María Grandal D’Anglade. Profesora titular na Facultade de Ciencias da UDC. Dirixe o Instituto Universitario de Xeoloxía. É membro do Centro Interuniversitario de Investigación de Paisaxes Culturais Atlánticas (CISPAC).  

- Fernando De Llano Paz. Profesor titular na Facultade de Economía e Empresa da UDC, director do Grupo de Investigación en Regulación, Economía e Finanzas (GREFIN), e experto na análise de políticas enerxéticas e climáticas de ámbito europeo. Foi tamén o coordinador do informe O sector enerxético en Galicia: presente e futuro, publicado en 2023 polo Consello Económico e Social de Galicia. 

CONTIDO DO PROGRAMA

O coloquio parte do marco normativo europeo para debullar as tensións sociais e financeiras derivadas dun modelo que a cidadanía adoita percibir sen un retorno económico real no rural, para propoñer estratexias políticas que garantan que os beneficios revertan directamente nas comunidades locais. Así mesmo, abórdase a pegada identitaria e ambiental que a proliferación de parques supón para a riqueza xeolóxica e paisaxística galega, aspecto respecto do cal se fai énfase na necesidade de salvagardar unha «cadea de valor» do noso patrimonio sen que este sexa sacrificado en prol da sustentabilidade. Finalmente, a mirada esténdese cara ao mar para analizar os retos tecnolóxicos e industriais que implica o desenvolvemento da eólica mariña no noso litoral, para rematar cunha reflexión urxente sobre a folla de ruta necesaria –nun momento de alta xudicialización dos proxectos– para acadar un verdadeiro pacto social en Galicia que equilibre a urxencia das enerxías limpas coa protección integral do medio.

Con este programa, en que se reafirma o compromiso da UDC e de Cuac FM por achegar a ciencia, o pensamento crítico e o debate social á cidadanía, ONDA CIENCIA pecha o curso.

Podcast

Lista de programas

Fecha: 14 de Julio de 2026 a las 13:00

Programa: Onda Ciencia

categoría: Ciencia y medicina

RSS:

PARTICIPANTES

Miguel

Postprodución e difusión en redes sociais

Miguel

Postprodución e difusión en redes sociais

Isa Lema

Presentadora

Isa Lema

Presentadora

Mariano

Control técnico

Mariano

Control técnico

Chema Casanova

Control técnico

Chema Casanova

Control técnico

Unidade de Divulgación Científica e Cultural (UDC)

Produción

Unidade de Divulgación Científica e Cultural (UDC)

Produción

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo