
No primeiro episodio da 4ª tempada de Onda Ciencia falamos de neurodiverxencia, unha realidade que gaña peso día a día nos eidos social, educativo e sanitario.
Para entender mellor que supón convivir coa diversidade neurolóxica, Onda Ciencia contou cunha mesa de luxo composta por catro expertas de referencia da UDC, que nos achegan perspectivas desde a psicoloxía, a educación, a terapia ocupacional e as tecnoloxías inclusivas:
- Silvia López Larrosa, especialista en intervención familiar e coordinadora do Grupo de investigación en Intervención Psicosocial e Rehabilitación Funcional.
- Montserrat Muriano Rodríguez, directora académica de Espazo Compartido, o estudo propio da UDC para a autonomía e empregabilidade das persoas con discapacidade intelectual
- Iria Botana Lois, experta en atención temperá e intervención en dificultades de linguaxe e neurodesenvolvemento, membro do Grupo de investigación en Psicoloxía do Desenvolvemento e da Aprendizaxe Escolar.
- Betania Groba González, terapeuta e investigadora en tecnoloxías inclusivas no grupo TALIONIS e no CITIC.
As expertas analizan no podcast que é a neurodiverxencia e a importancia vital da atención temperá e do diagnóstico. Afondan no papel clave das familias, os recursos dispoñibles e a atención á diverxencia nos centros educativos, tanto nas primeiras etapas como na universidade, a través de títulos como Espazo Compartido. Finalmente, abordan como a tecnoloxía pode facilitar a vida das persoas neurodiverxentes, amosando o impacto de proxectos como “Talentos inclusivos” que se desenvolve no CITIC.
Fecha: 10 de Febrero de 2026 a las 13:00
Programa: Onda Ciencia
categoría: Ciencia y medicina