3x4 “O galego no século XXI: accións e retos”

...

3x4 “O Galego No Século Xxi: Accións E Retos”

Ante unha situación de “emerxencia lingüística”, e cunha sociedade cada vez máis sensibilizada e preocupada polo descenso do uso do galego, tamén nos contextos educativos, é preciso facer unha diagnose pausada acerca dos factores que incidiron na perda do uso do galego, así como das accións políticas e educativas que cumpriría adoptar para reverter esta situación. Falamos con tres expertos da Universidade da Coruña: 

- Xosé Manuel Sánchez Rei, profesor titular na Universidade da Coruña na Área de Filoloxía Galega e Portuguesa. Membro do Grupo de Investigación Lingüistica e Literaria Galega (ILLA). O seu campo de estudo é a gramática da lingua galega actual e a linguaxe literaria contemporánea.

- Iria Sobrino Freire, profesora do Dpto. de Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico e membro do Grupo de Investigación Lingüistica e Literaria Galega (ILLA). 

- Xesús Manuel Mosquera Carregal, filólogo e técnico do Servizo de Normalización Lingüística da UDC.

Contido do programa

Os investigadores e expertos participantes no cuarto episodio de ONDA CIENCIA coinciden en cualificar a situación actual do galego como de “emerxencia lingüística” e cuestionan o papel xogado polas institucións – especialmente a Xunta de Galicia– na promoción do galego entre a mocidade e no conxunto da sociedade.

Apuntan a que en Galicia parece non respectarse debidamente a Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias, poñendo o foco no impacto do chamado “decreto do plurilingüismo”. Ante esta situación, estase a promover en Galicia un novo plan xeral de normalización da lingua galega, de cuxo consenso depende o cambio de rumbo da política lingüística.

O programa aborda tamén o papel dos equipos e servizos de normalización lingüística e as diferentes iniciativas e accións de impulso do uso do galego no ensino, tanto obrigatorio como superior, destacando as propostas de innovación pedagóxica para a promoción da lingua impulsadas polo propio estudantado galego e a irrupción dos novos creadores e creadoras de contidos audiovisuais que están apostando pola nosa lingua para divulgar as súas creacións e produtos nas redes sociais.

Podcast

Lista de programas

Fecha: 13 de May de 2025 a las 13:00

Programa: Onda Ciencia

categoría: Ciencia y medicina

RSS:

PARTICIPANTES

Miguel

Postprodución e difusión en redes sociais

Miguel

Postprodución e difusión en redes sociais

Isa Lema

Presentadora

Isa Lema

Presentadora

Mariano

Control técnico

Mariano

Control técnico

Chema Casanova

Control técnico

Chema Casanova

Control técnico

Unidade de Divulgación Científica e Cultural (UDC)

Produción

Unidade de Divulgación Científica e Cultural (UDC)

Produción

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo