Nun momento de auxe do discurso racista e xenófobo en toda Europa, é preciso afondar nas razóns polas que arraiga este tipo de discurso en países que contan cunha longa historia migratoria como España e, especialmente, Galicia. Para iso, neste segundo episodio de Onda Ciencia conversamos con:
- Laura Oso Casas, catedrática de Socioloxía e coordinadora do Grupo ESOMI (Equipo de Investigación Sociedades en Movimiento) no período 2011-2024;
- José Ángel Brandariz García, catedrático de Dereito Penal e Criminoloxía e membro do Grupo de investigación Criminoloxía, Psicoloxía Xurídica e Xustiza Penal no século XXI;
- Montserrat Castro Rodríguez, profesora contratada doutora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación e membro do Grupo de Investigación en Innovacións Educativas.
Os nosos expertos reflexionaron, ao longo desta conversa, acerca das causas subxacentes ás actitudes de xenofobia e racismo en España e Europa, así como os principais tipos de discriminación e estigma aos que se enfrontan as persoas migrantes que tentan facer un proxecto vital no noso país.
Porén, Laura Oso, Jose Ángel Brandariz e Montserrat Castro poñen o foco no papel que xogan as institucións para combater factores culturais e educativos que fan perdurar a discriminación e medo ás persoas que profesan culturas e relixións diferentes. Neste senso, os nosos convidados compartiron diferentes experiencias de intervención e estratexias socioeducativas destacadas que serven de exemplo de boas prácticas en materia de integración sociocomunitaria da poboación migrante.
Fecha: 18 de Marzo de 2025 a las 13:00
Programa: Onda Ciencia
categoría: Ciencia y medicina