Imaxe: (de esquerda á dereita) Manuel Regueiro, Isabel Lema, Armand Hernández e Pedro Vega.
A terceira tempada de ONDA CIENCIA deu comezo cun primeiro programa dedicado á análise dos riscos derivados do cambio climático desde unha perspectiva interdisciplinaria. A DINA sufrida na Comunidade Valenciana a finais de 2024 ou os alarmantes incendios acontecidos en California amosan a fraxilidade das urbes ante os fenómenos climáticos extremos.
En ONDA CIENCIA quixemos saber como está afectando o cambio climático na Coruña (e, por extensión, Galicia) e coñecer as diferentes medidas e estratexias que deberiamos desenvolver, como comunidade, para nos adaptar ao riscos climáticos o mellor posible. Para iso, conversamos con tres expertos da Universidade da Coruña cunha extensa traxectoria investigadora neste eido:
- Armand Hernández Hernández. Investigador do CICA (Centro Interdisciplinario de Química e Bioloxía), membro do Grupo de Investigación en Cambio Ambiental e director da Oficina de Sustentabilidade da UDC.
- Manuel Alberto Regueiro Picallo. Investigador posdoutoral no CITEEC - Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil e membro do Grupo de investigación de Enxeñaría da Auga e do Medio Ambiente.
- Pedro José Vega Marcote. Profesor/a titular do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación, experto en didáctica das ciencias e ambientalización curricular.
Desde unha perspectiva local, os expertos afondaron na necesidade de transformar a actual xestión dos recursos hídricos en Galicia, para se anticipar e adaptar aos cambios derivados do cambio climático, o que implica unha mellora dos sistemas de auga urbana.
Porén, desde un enfoque pedagóxico, afóndase na ambientalización curricular dos estudos universitarios e na mellora da formación dos futuros docentes, como estratexias clave para conciencia e mellorar as competencias de acción climática da cidadanía.
Así mesmo, os expertos alertan do fenómeno da desinformación que pode afectar a percepción social do cambio climático e evidencia un incremento da porcentaxe de «negacionistas climáticos» nos últimos anos.
Fecha: 12 de Febrero de 2025 a las 15:00
Programa: Onda Ciencia
categoría: Ciencia y medicina