A intelixencia artificial (IA) ten múltiples utilidades nunha ampla diversidade de campos, mais tamén o uso masivo de certas ferramentas plantexa novos riscos e retos, como, por exemplo, a infrarrepresentación de linguas como o galego na intelixencia artificial xenerativa. Para coñecer en profundizade como funcionan estas IA e o impacto que teñen na educación, falamos con tres expertos da Facultade de Informática da UDC:
- Miguel Ángel Alonso Pardo, profesor titular no Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información e membro do Grupo de investigación Lingua e Sociedade da Información.
- Sara Guerreiro Santalla, profesora do Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información e membro do Grupo Integrado de Enxeñaría.
- Javier Parapar López, profesor titular no Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información e membro do grupo de investigación Information Retrieval Lab.
O programa afonda no funcionamento dos modelos de IA xenerativa (ex. Chat GPT), o desenvolvemento dunha IA en galego chamada “Ola Cabuxa” (CITIC-UDC), así como a abordaxe da IA tanto nos estudos preuniversitarios como nos estudos superiores, e as liñas de investigación que se están a desenvolver dende a UDC sobre intelixencia artificial.
Fecha: 30 de Julio de 2024 a las 13:00
Programa: Onda Ciencia
categoría: Ciencia y medicina