ONDA CIENCIA afonda no coñecemento das das potencialiades dos modelos de construción e urbanismo respectuosos co ambiente e coa saúde das personas. Convidamos a tres expertos da UDC, cunha longa traxectoria de investigación e aplicación práctica nestas temáticas:
- María Belén González Fonteboa. Catedrática de universidade, no departamento de Enxeñaría Civil da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos. É membro Grupo de investigación de Construción e forma parte do CITEEC - Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil
- Francisco Javier López Rivadulla. Profesor contratado doutor no Dpto. de Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas da UDC. Investiga sobre construcción de envolventes, eficiencia, sustentabilidade e benestar na arquitectura.
- Cristina García Fontán. Profesora contratada doutora no Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición. Coordinadora do Grupo de Investigación Persoa-Ambiente investiga sobre procesos de rexeneración urbana e hábitat sostible.
O contido do programa comeza pola comprensión dos aspectos que permiten identificar unha construción sustentable, os certificados de sustentabilidade dispoñibles para as novas edificacións, e as claves para convertir os edificios xa existentes en espazos enerxéticamente máis eficientes e máis saudables. Os expertos debateron tamén sobre as potencialidades das “Solucións Baseadas na Natureza”, así como os retos da propia UDC de cara a mellorar a calidade das súas edificacións.
EQUIPO
Isabel Lema Blanco, na produción e presentación do programa.
Mariano Fernández “Mr. Bugalú”, no control técnico.
Miguel Anxo Facal, na posprodución, edición e difusión do programa.
M.ª Cristina Naya Riveiro e Yolanda Golías Pérez, na preprodución.
Fecha: 16 de Julio de 2024 a las 13:00
Programa: Onda Ciencia
categoría: Ciencia y medicina