2x3 O discurso de odio nos medios

...

2x3 O Discurso De Odio Nos Medios

No terceiro episodio de Onda Ciencia abordamos o "discurso de odio", un concepto sobre o existe xa lexislación específica, pero cuxa regulación atinxe tamén a dereitos como a liberdade de opinión e expresión, a non discriminación e a igualdade. Para por un pouco de luz sobre o crecente fenómeno do discurso de odio nos medios de comunicación falamos con tres expertas, profesoras da Universidade da Coruña: 

- Ana Aba Catoira. Profesora Titular no dpto. de Dereito público na facultade de dereito da UDC. Membro do Grupo de investigación: Democracia y derechos en el entorno digital

- Ana María González Neira. Profesora Titular do departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da UDC, e membro do Grupo de investigación Ciudadanía Digital

- Montserrat Golías Pérez. Profesora Contratada Doutora do departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da UDC. Membro do ESOMI  Equipo de Investigación Sociedades en Movemento

As nosas expertas axúdannos a clarificar a diferencia entre “discurso de odio” e “delito de odio”, e cales son as manifestacións mais frecuentes deste discurso nos medios e nas redes sociais. Afondamos nas claves que explican que os discursos discriminatorios calen na poboación e debatemos acerca dos posibles riscos derivados da proliferación deste discurso, dende una perspectiva xurídica, sociolóxica e comunicativa, e cales son las posibles ferramentas e solucións para por freo a esta problemática. 

 Lembra que podes escoitar ONDA CIENCIA na sintonía de CUAC FM, no 103.4 da FM coruñesa, e dende calquera parte do mundo descargando os podcasts a través da web https://cuacfm.org e das aplicacións móbiles para Android e Apple. Ata sempre! 

EQUIPO DESDE EPISODIO 

O equipo técnico do programa é o seguinte:

- M.ª Cristina Naya Riveiro e Yolanda Golías Pérez, na preprodución.

- Isabel Lema Blanco, na produción e presentación do programa.

- Mariano Fernández "Mr. Bugalú", no control técnico.

- Miguel Anxo Facal, na posprodución, edición e difusión do programa.

Podcast

Lista de programas

Fecha: 2 de Julio de 2024 a las 13:00

Programa: Onda Ciencia

categoría: Ciencia y medicina

RSS:

PARTICIPANTES

Miguel

Miguel

Isa Lema

Isa Lema

Mariano

Mariano

Chema Casanova

Chema Casanova

María Jesús García Abeledo

María Jesús García Abeledo

Roberto Catoira

Roberto Catoira

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo