1x4 Profesionalización do deporte, é cousa de homes?

...

1x4 Profesionalización Do Deporte, É Cousa De Homes?

Neste 4º episodio de ONDA CIENCIA, nomeado “PROFESIONALIZACIÓN DO DEPORTE, É COUSA DE HOMES?” abordaremos a profesionalización do deporte en Galicia, os avances acontecidos nos pasados anos no deporte galego profesional e tamén as eivas e dificultades aínda existentes, especialmente dende a perspectiva de xénero.  

Para afondar nestas temáticas contamos con catro expertas da Universidade da Coruña do eido das ciencias do deporte, da saúde deportiva e fisioterapia e da comunicación deportiva, ás que paso xa a presentar:     

- Marta Bobo Arce. Pf. titular da UDC,no departamento de Educación Física e Deporte. Especializada en rendemento deportivo e xénero, actividade física e calidade de vida, tamén investiga sobre aspectos vinculados á profesionalización deportiva. 

- María José Mosquera González. Pf. titular da UDC, imparte docencia na área de Educación Física e Deportiva. Investiga sobre cultura deportiva, roles de xénero no deporte e a cultura da "non violencia". 

- Andrea Seijo Ares. Profesora contratada no departamento de Fisioterapia, Medicina y Ciencias Biomédicas e fisioterapeuta especializada na fisioterapia deportiva. 

- Claudia López López. Investigadora predoutorial na UDC, investiga sobre as redes sociais como canle de promoción da actividade física e do exercicio dende a perspectiva de xénero. Tamén é xornalista en prensa deportiva, informando sobre diferentes disciplinas deportivas profesionais a nivel autonómico e tamén no deporte de base.  

 

Os temas abordados no programa son:

- A profesionalización do deporte en Galicia e a situación das mulleres deportistas. 

- A masculinación do deporte profesional e as barreiras existentes para as deportistas profesionais. 

- As potencialidades profesionais da fisioterapia deportiva e os teitos de cristal atopados neste ámbito profesional. 

- A presencia das mulleres no eido da xestión deportiva e as oportunidades de especialización. 

- O papel dos medios de comunicación na transmisión de estereotipos no deporte.

- A influencia das redes sociais para os/as deportistas. Luces e sobras da exposición nas redes. 

 

A equipa técnica do programa é a seguinte: 

- Mª Cristina Naya Riveiro, na preprodución.

- Isabel Lema Blanco á conducción do programa.

- Mariano Fernández aos controis técnicos. 

- Miguel Anxo Facal na edición e difusión do programa.  

Podcast

Lista de programas

Fecha: 25 de Julio de 2023 a las 13:00

Programa: Onda Ciencia

categoría: Ciencia y medicina

RSS:

PARTICIPANTES

Miguel

Miguel

Isa Lema

Isa Lema

Mariano

Mariano

Chema Casanova

Chema Casanova

María Jesús García Abeledo

María Jesús García Abeledo

Roberto Catoira

Roberto Catoira

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo