1x3 Divulgación científica en galego: utopía ou realidade?

...

1x3 Divulgación Científica En Galego: Utopía Ou Realidade?

No terceiro episodio de ONDA CIENCIA, no que abordaremos as luces e sombras da divulgación científica en galego. ¿Cal é o papel que desempeña a nosa lingua?

Convidamos aos nosos estudos a catro profesores e profesoras da Universidade da Coruña que contan cunha longa experiencia facendo divulgación en diferentes medios de comunicación:     

Laura Castro Souto. Profesora titular da facultade de informática da UDC, e directora da cátedra CICAS (creada por convenio de Corunet, hoxe Sngular) polo Impulso á Ciencia Aberta a través do Software, e divulgadora tecnolóxica en diversos medios de comunicación como a Radio Galega ou a Revista Revirada. 

Casto Rivadulla Fernández. Catedrático de Fisioloxía na Universidade da Coruña. Investigador en Neurociencia. foi becario Fullbright no Massachussets Institute of Technology, e actualmente é o director do grupo de investigación NEUROcom. foi Comisario da exposición "O mundo na túa cabeza" e autor do libro "A que cheiran as cores", premio Gala do Libro ao mellor libro de Divulgación Científica 2020

Cristina Naya Riveiro. Profesora contratada doctora na facultade de ccs da educación, especialista en didáctica das matemáticas. É a Coordinadora da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC e foi unha das responsables da XVI FEIRA MATEMÁTICA organizada recentemente na Coruña pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática. 

Alexandre Peres Vigo. Profesor da facultade de filoloxía da UDC, na área de filoloxía galega e portuguesa, e especializado en sociolingüística galega, Planificación e políticas lingüísticas e culturais e Literatura e construción da identidade. É columnista no diario dixital Nós Diario.  

Os temas abordados no programa son:

- A importancia da divulgación científica en galego e a necesidade de referentes galegos no eido da ciencia.

- As vantaxes e dificultades da divulgación en galego.

- A cobertura da ciencia nos medios de comunicación de Galicia.  

- O auxe das redes sociais como espazos de divulgación científicas.

 - O papel da UDC no eido da divulgación científica en galego.

 

A equipa técnica do programa é a seguinte: 

Mª Cristina Naya Riveiro. Preprodución de Onda Ciencia. Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte da Universidade da Coruña.

Isabel Lema Blanco. Producción e presentación do programa.

Mariano Fernández Cabarcos. Control técnico.

Miguel Anxo Facal. Edición, postproducción e difusión do programa.

 

Podcast

Lista de programas

Fecha: 11 de Julio de 2023 a las 13:00

Programa: Onda Ciencia

categoría: Ciencia y medicina

RSS:

PARTICIPANTES

Miguel

Miguel

Isa Lema

Isa Lema

Mariano

Mariano

Chema Casanova

Chema Casanova

María Jesús García Abeledo

María Jesús García Abeledo

Roberto Catoira

Roberto Catoira

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo