Adicamos este segundo episodio de ONDA CIENCIA ao desenvolvemento da industria dos videoxogos e o impacto que ten sobre a sociedade dende unha perpectica multidisciplinar, para o que contamos con 4 expertos da universidade da Coruña:
María Luz Castro Pena, Doutora en informática. Coordinadora do Máster de Deseño, Desarrollo e Comercialización de Videoxogos. I Premio Ada Byron del CPEIG
Luís Antonio Hernández Ibáñez. Decano/a - Facultade de Ciencias da Comunicación e docente no grao en Creación Digital, Animación y Videojuegos. As súas liñas de investigación céntranse na Realidade virtual e entornos inmersivos.
Patricia Comesaña Comesaña. Profesora de Estratexias de Comunicación Multimedia no grao de comunicación audiovisual
Alba Patricia Digón. Profesora de Ccs da Educación na área de pedagoxía e didáctica. As súas liñas de investigación son educación mediática e a educación para a cidadanía global.
Os temas sobre os que debateu no programa foron:
A importancia da industria do videoxogo en Galicia e no mundo
O papel da Universidade da Coruña como formadora experta dos diversos perfís profesionais demandados nesta industria.
As estratexias de márketing na industria do videoxogo. Poboacións vulnerables.
Tendencias de consumo da industria cultural-creativa dos videoxogos.
Sexismo na industria.
Trasmisión de valores -negativos e positivos- e estereotipos a través dos videoxogos.
Os videoxogos como ferramenta educativa e de innovación pedagóxica.
A equipa técnica do programa é a seguinte:
Mª Cristina Naya Riveiro. Preprodución de Onda Ciencia. Unidade de Divulgación Científica e Cultural da Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deporte da Universidade da Coruña.
Isabel Lema Blanco. Producción e presentación do programa.
Miguel Anxo Facal. Control técnico, edición e difusión do programa.
Fecha: 20 de Junio de 2023 a las 13:00
Programa: Onda Ciencia
categoría: Ciencia y medicina