Neste primeiro episodio de ONDA CIENCIA abordamos a LeI Orgánica 10/2022, Lei Integral de Garantía da Liberdade Sexual popularmente coñecida como a lei do «solo sí é sí». Para elo conversamos con tres expertas na materia, profesoras e investigadoras da Universidade da Coruña:
- Dra. Patricia Faraldo Cabana, Catedrática de Dereito Penal da Facultade de Dereito da UDC. Conta cunha ampla experiencia investigadora e asesora do goberno para a regulación dos delitos sexuais no Código Penal.
- Dra. Ana Neira Pena, profesora de Dereito Procesual e directora da Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC. Entre as súas liñas de traballo actual están o tratamento das violencias machistas dende ás Universidades a través dos protocolos de acoso e as cuestión de proba nos procesos penais por delitos sexuais.
- Dra. María Teresa Piñeiro Otero. Profesora titular da área de Comunicación Audiovisual e Publicidade da Facultade de Ccs da Comunicación, Directora do Centro de Estudos de Xénero e Feministas da UDC e investigadora en temas relacionados coa violencia machista dixital.
O debate, abordou, dende unha perspectiva pedagóxica, os aspectos máis da recentemente aprobada “Lei do Sí é Sí”, contextualizando a reforma no marco legal internacional e explicando porqué era precisa unha reforma deste tipo.
Os temas sobre os que debateu no programa foron:
- Os cambios da Lei en materia de consentimento afirmativo
- Os bulos sobre a presunción de inocencia
- O perfil de vítima de violencia machista habitual no Estado e como se abordan estos crimes nos medios de comunicación
- A supresión da diferencia entre abusos sexuais e agresión sexual
- O tratamento dos medios de comunicación das vítimas de violencia machista
- A reducción da pena dalguns delitos sexuais, a agravante por sumisión química, e a liberdade anticipada de condeados por violencia sexual
- A implantación da educación sexual obrigatoria na UDC
Fecha: 25 de Abril de 2023 a las 13:00
Programa: Onda Ciencia
categoría: Ciencia y medicina