Debate electoral organizado por CUAC FM, dentro da súa cobertura informativa ás eleccións a reitoría da coruña. O sábado 30 de novembro visitaron os estudos de CUAC FM os dous candidatos:
- Julio Abalde Alonso, actual reitor da UDC, quen se presenta á reelección tras 4 anos de mandato. Abalde é Catedrático de Microbioloxía na facultade de ciencias e foi nomeado o pasado ano doutor honoris causa por la Universidade de Georgia
- Fernando Martinez Abella, Catedrático de Enxeñería da Construción na Escola de Camiños pero que xa desempeñara funcións de vicerreitor varios anos atrás durante o mandato de Meilán Gil.
Debate de 1:57 minutos de duración onde se plantexaron preguntas relativas á misión da UDC dentro do contexto galego, os retos da UDC para os vindeiros anos, a internacionalización e captación de novos recursos e financiamento.
Abordáronse temáticas específicas dos tres sectores principais da comunidade universitaria: alumnado, personal docente e investigador e personal de administración e servizos. Tamén se recolleron preguntas da audiencia a través da ñiña telefónica, redes sociais e mensaxería instantánea.
Unha cobertura realizada por CUAC FM con Isabel Lema á locución, Chema Casanova ao control técnico, Miguel Anxo González nas redes sociais, Alberto Ansede, Chus Abeledo, Bea Ulalume e Julia Huertas na equipa de producción deste especial.
Fecha: 30 de Noviembre de 2019 a las 12:00
Programa: Eleccións á Reitoría da UDC 2019
categoría: Gobierno y organizaciones