Eleccións á Reitoría da UDC 2019

...

Eleccións á Reitoría da UDC 2019

O vindeiro mércores 4 de decembro de 2019 celébrase na Universidade da Coruña as eleccións á reitoría, que escollerá ao reitor e a súa equipa de goberno para os vindeiros catro anos.

Dende CUAC FM faremos unha cobertura especial das eleccións que consistirá en:

Debate en directo cos dous candidatos á reitor, Julio Abalde Alonso e Fernando Martínez Abella, que se emitirá mañá sábado 30 de novembro, en directo, ás 12 da mañá. O debate poderase seguir no 103.4 da FM (A Coruña) e a través do noso streaming na web https://cuacfm.org/directo

Entrevista individual a cada un dos candidatos, Julio Abalde Alonso e Fernando Martínez Abella, que se emitirá en diferentes horarios de emisión:

* Julio Abalde: domingo 1 ás 21:00, luns 2 ás 00:30, 11:00 e 15:30 e martes 3 ás 00:00, 15:00 e 22:00.

* Fernando Martínez Abella : domingo 1 ás 21:30, luns 2 ás 00:00, 13:00 e 15:00 e martes 3 ás 00:30, 15:30 e 22:30.

 

Lista de programas

Language: Gallego

Category: Gobierno y organizaciones

RSS:

Episodios

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo