5x1 ESPECIAL DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2017

...

5x1 Especial Día Da Ciencia Na Rúa 2017

O sábado 6 de Maio de 2017 CUAC FM desprazouse por 5ª edición consecutiva ao parque de Santa Margarida da Coruña para facer unha cobertura en directo e a pé de rúa sobre o XXII Día da Ciencia na Rúa, organizado polo Asociación de Amigos da Casa de las Ciencias.

Un programa de tres horas de duración presentado por Isa Lema e Samu Cao. Ao fronte do equipo técnico estiveron Mr Iverson, Mariano Fernández e Chema Casanova. E na producción contamos cun equipazo conformado por Roberto Catoira (producción), Tomi Desastre e Roberto Ansede (producción, comunicación, redes sociais), Mónica Alonso (reporteira micro inalámbrico). Como reporteiros estrelas contamos con Paula Veira, Chus Abeledo, Toñi Quelle, Kiko Rey, Nuno Agustin, Luis Santillana e Concha Maneiro.

Entrevistados deste ano:

Polos micros de CUAC FM nesta xornada festiva pasaron ducias de rapazas e rapaces que nos emocionaron co seu interese pola ciencia e a divulgación do coñecemento adquirido cos seus experimentos. Os entrevistados deste ano foron a Asociación GLU ON, o  IES Agra do Orzán, a Axencia de Doazón de Órganos, Borja Tosar e os responsables do proxecto Spoilers de Ciencia. 

Alumnado do IES Xosé Neira Vilas de Perillo e do Colexio Calasanz Escolapios da Coruña. Santiago Parra, director do Centro Oceanográfico da Coruña. Jaime Rodriguez, director do CICA-Centro de Investigacións Científicas Avanzadas da Universidade da CoruñaDiego Carro, profesor da facultade de Camiños da UDC. Alumnado da Universidade Laboral Culleredo e do Colexio Grande Obra De Atocha de Betanzos.  

Podcast

Lista de programas

Fecha: 6 de May de 2017 a las 11:00

Programa: Día da Ciencia na Rúa

categoría: Ciencia y medicina

RSS:

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo