10x1 ESPECIAL DÍA DA CIENCIA NA RÚA 2024

...

10x1 Especial Día Da Ciencia Na Rúa 2024

Décima edición da emisión especial que realizamos, dende a emisora comunitaria CUAC FM co gallo da celebración da feira científica "Día da Ciencia na Rúa", promovida pola Casa das Ciencias e o Concello da Coruña. 

Neste programa, realizado en directo, dende o parque de Santa Margarida da Coruña, que deu comezo ás 11 da mañá, demos cobertura á actualidade da feira, entrevistando a investigadores, institucións, mestres e profesores e mozos e mozas científicas que presentaron os seus proxectos nas diferentes jaimas situadas ao longo do parque. 

Equipo de CUAC FM: 

Producción: Isa Lema

Presentación e conducción: Isa Lema, Samuel Sánchez Cao, Camilo Rey  

Reporteiros/as: Chus Abeledo, Paula Alonso, Estela, Valeria

Control técnico: Mariano Fernández Cabarcos, Chema Casanova, Jorge Delgado   

Rexiduría: Bea Ulalume   

Entre os diferentes participantes que pasaron polos nosos micrófonos figuran: 

ASOCIACIÓN LUZADA (USC). Bastián Carnero Groba, doutorando no programa de "Láser, Fotónica e Visión" no grupo Photonics4Life da Universidade de Santiago de Compostela

IES Ramón Menéndez Pidal ZALAETA. Profes María Josefa Castro López e Paz Freire Campo (e  alumnos/as).

CEIPP Vicente Otero Valcárcel. Profe: Alberto López Muñiz (e  alumnos/as).

BIBIANA GARCÍA VISOS. Museos Científicos Coruñeses.

Colexio La Grande Obra de Atocha. Profe David Varela (e  alumnos/as).

CITIC- UDC. Manuel Lagos, Irene Brage e Paula de Santos. Proxecto Talentos Inclusivos.

Mª Cristina Naya Riveiro. Coordinadora da Unidade de Divulgación Científica e Cultural Vicerreitoría de Divulgación, Cultura e Deporte da UDC. 

IES A Sardiñeira. Pedro del Pozo, profesor coordinador do Clube de Ciencias do IES (e  alumnos/as).

E moitas máis voces de mozos e mozas investigadorasvisitantes entrevistados a pé de rúa co noso micro inalámbrico, e entrevistados inesperados que sorprendemos poñendo un micro diante do pico. 

Podcast

Lista de programas

Fecha: 4 de May de 2024 a las 11:00

Programa: Día da Ciencia na Rúa

categoría: Ciencia y medicina

RSS:

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo