Saúdos a todo mundo. Vellenials é sen dúbida un programa nostálxico, iso é o que din que pasa cando vas cumprindo anos. E bueno, asúmeo, por moito que remangues os baixos dos pantalóns, por moito que compres no Pull and bear, e aínda que estes moñeco tódolos sábados pola noite,… xa hai anos que un neno que te acabe de coñecer dirache señor, perdón pódeme pasar a bola.
Mirar atrás é jodido, porque a memoria é o mellor Photoshop. As lembranzas non son a realidade que pasou, é a historia que construiches co paso dos anos pasados polo filtro Juno do Instagram. Por iso só che veñen á mente os bos momentos, e normalmente a infancia é para a maioría dos humanos unha das nosas épocas máis felices . Lembrámosmos desas tardes ao sol xogando cos amigosao pillado, a polis e cacos, ao escondite ou brincando na aldea cos avós. Pois diso é do que hoxe imos falar, de xogar, dos xogos, porque son sen dúbida unha peza fundamental da nosa memoria.
Din que os xogos son actividades que te preparan para a vida. Son pequenas performance que te ensinan a ser adulto. Por iso xogabades a que erades cociñeiros, Mestres, piratas, motoristas, policías ou mesmo ladróns. Pero o ser humano éche disfrutón, e nunca quere deixar atrás aquilo co que gozou. Por iso cando es maior, segues quedando cos colegas para xogar pachangas, aínda que che custe subir as escaleiras para a casa. Ou dislle ao teu ligue do tinder que es coleccionista como escusa para ter almacenadas tódolos xoguetes de Harry Potter na habitación, ao teus 40 anos Antonio.
E claro, isto é coma todo, hai xente que leva mellor o paso do tempo e asume que cando es maior vas xogar menos, e outros acábanche sendo Furrys, téndose que vestir de conexo de peluche nunha orxía para poder ter sexo, ou xogando a unha mestura entre o veo veo e o pillado nos parques pola noite. Éche un tema complexo como diría a RAG, pero creemos que moi divertido. Hoxe en Vellenials imos falar de xogos e xoguetes., Sodes todos benvidos.
Fecha: 16 de Diciembre de 2021 a las 22:00
Programa: Vellenials
categoría: Comedia