1x8 O Nadal

...

1x8 O Nadal

Hai poucas cousas que cambien tanto segundo medramos como o Nadal. De cativos, son esas datas sen escola nas que os Reyes, os Reises ou mesmo os Reices, van pasando polas casas de todos cantos familiares hai, deixando en cada unha un regalo para nós. Playmobil, Barbies, coches, bonecas que cagan e mexan, e mesmo coches tilidirgidos, que diría Paco Vázquez... Pouco a pouco imos medrando e imos aproximándonos máis á verdadeira cara do Nadal, aquela onde os Reis son os pais, onde as vacacións son para estudar e onde, con moita probabilidade, saíches por primeira vez ata ben entrado o día, enfundado nun traxe horroroso que che quedaba xigante e onde bebiches moi por riba das túas posibilidades. Hoxe, moitos de nós, pasamos as datas coa familia y/e/ou/i ademáis coa familia política. Non digo que pasar a noiteboa cos sogros sexa un mal plan, ollo... so digo que así, ao toque, ocórrenseme 152 mil... millóns... de trillóns elevado a "n" de plans mellores.

Querido e odiado a partes iguais, o Nadal resiste, aguanta, sempre está ahí. As vilas e cidades énchense de luces, excepto Vigo, que se enche de mosquitos. Cantar panxoliñas, o Belén, ceas cos amigos, visitas dos que viven fóra, decorar o árbol... Dicir Nadal é dicir tradición, ben é certo que pouco a pouco hai algunha modernidade, como Mariah Carey é non todo é "pero mira cómo beben los peces en el río". Disfrutade do Nadal mentres podades que nós, os Vellenials... a ver se chegamos ao do ano que vén... Abride ben as orellas que comezamos. Sodes todos benvidos!

Podcast

Lista de programas

Fecha: 9 de Diciembre de 2021 a las 22:00

Programa: Vellenials

categoría: Comedia

RSS:

PARTICIPANTES

Juan Mayo

Locutor

Juan Mayo

Locutor

Néstor Liñares

Locutor

Néstor Liñares

Locutor

Iván Loureiro

Locutor

Iván Loureiro

Locutor

Javier Loureiro

Locutor

Javier Loureiro

Locutor

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo