1x7 Os medos

...

1x7 Os Medos

Hai uns 30 anos, aproximadamente, atopábame eu un en Ponferrada, na casa da miña madriña. Estaba vendo a tele cun rapaz algo maior ca min sentado ao meu lado. Na televisión estaban poñendo unha película moi divertida e tranquila chamada "El muñeco Diabólico". O rapaz que estaba ao meu lado debeuse de dar de conta de que eu non lle atopaba o chiste á película e estaba a pasar un medo atroz e, nun intento de calmarme, díxome unhas palabras que non olvidarei na vida: "El muñeco diabólico se te aparece en tu habitación la noche de tu cumpleaños para matarte".
Non cheguei a ir o psicólogo, porque eran os oitenta e aínda non se estilaba, pero meus pais tiveron bastantes charlas comigo para intentar convencerme de que iso non ía a pasar e que era pura fantasía. Recordo chegar á noite do meu cumpleanos convencido a un 70%, máis ou menos, de que Chuky non ía aparecer. Non me lembro ben, pero xuraría que esa noite durmín coa luz encendida.

Os medos forman parte de nós igual que calquera outra cousa. Hainos relativamente comúns, como o medo ás alturas ou o medo a voar, hainos tamén que, según parece, veñen pegados ao noso ADN como mecanismo de supervivencia, como o medo ás arañas ou ás serpes. Hainos tamén, como o caso que vos acabo de contar, que son pruducto dun fillo de mil hienas sarnosas coxas co rabo comido de moscas que considerou que meterse cun neno pequeno era un acto de valentía tal que esperaba que chamara o Presidente da Xunta para darlle unha medalla. Si... unha medalla ao máis puto subnormal de todo o Bierzo. Gilipollas. Imbécil. Non... hoxe non imos falar do rencor, imos falar dos medos e de como evolucionan segundo pasan os anos, e de como o medo comezou sendo unha fonte de fantasía oscura para nenos, de como os políticos e as grandes empresas o utilizan ao seu favor e intentaremos escudriñar o noso futuro para ver se o medo a morrer só é tan recurrente como nos fan ver no cine. Abride as orellas que comezamos. Sodes todos benvidos.

Podcast

Lista de programas

Fecha: 2 de Diciembre de 2021 a las 22:00

Programa: Vellenials

categoría: Comedia

RSS:

PARTICIPANTES

Juan Mayo

Locutor

Juan Mayo

Locutor

Néstor Liñares

Locutor

Néstor Liñares

Locutor

Iván Loureiro

Locutor

Iván Loureiro

Locutor

Javier Loureiro

Locutor

Javier Loureiro

Locutor

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo