1x5 A Comida

...

1x5 A Comida

"A mí me daban 2", rezaba un dos reclamos publicitarios máis icónicos da nosa infancia. Aqueles pequenos iogures rosas que lle farían ter pesadelos ao mesmísimo Alberto Garzón. Os Petit Suis pasaron de ser unha xoia gastronómica a chamarse "Danoninos", anticipando deste xeito a súa devacle comercial, que supoñemos que virá coa prohibición de emitir anuncios de lambetadas varias destinados a nenos e nenas. Os vellenials vivimos a chegada das grandes cadeas de comida rápida, ou comida basura, ou comida lixo, que será como supoño que o dirán os moi traballadores e moi ocupados integrantes e integrantas da Real Academia Galega. Vivimos a chegada do Telepizza, do xa desaparecido TOPS, ou do McDonalds. Hai quen lembra con amarga precisión como o primeiro Big Mac ao que lle ía botar o dente non se parecía en nada ao da foto. Pero tamén como Vellenials de pro, lembramos o mundo antigo, o das matanzas, o da avoa comendo os sesos do porco nunha taza despois de darlle, ollo á modernidade, un golpe de microondas. Vivimos tempos convulsos, sendo testemuñas da outorgación a Pizza Móvil do selo de Galicia Calidade, vimos con estupor, na televisión, como os americanos comían o millo asado que aquí ía para as galiñas e para facer fariña. Vimos tamén como, de repente, os ovos viñan impresos cun código con números. Por iso estamos curados de espantos e non nos asombra, por exemplo, o boom das ensaladas hawaianas de arroz e xa sabemos que é un deleite especulativo máis ca un deleite gastronómico. Vimos subir o prezo do pulpo mauritano máis do que sobeu o Deportivo nos últimos anos e ata vimos nacer a que, a nivel persoal considero unha das máis grandes aberracións da cultura gastronómica do país: o raxo de polo. O pulpo é mauritano, os pementos, de Marrocos, as fabas de canadá, as castañas da China e carne de Irlanda. Pero ollo... que o que está por vir, ao parecer, vai traer á nosa mesa insectos e non, non me refiro a esa casa de comidas de Santa Comba que ten a cinta de pegamento colgando do teito cun cento de cadáveres de moscas adheridas non, instectos ao prato. Para comer. Se chego a probalos algún día, por favor, que sexan moi feitos. Abride ben as orellas e que vos aproveite o programa de hoxe. Sodes todos benvidos.

Podcast

Lista de programas

Fecha: 18 de Noviembre de 2021 a las 22:00

Programa: Vellenials

categoría: Comedia

RSS:

PARTICIPANTES

Juan Mayo

Locutor

Juan Mayo

Locutor

Néstor Liñares

Locutor

Néstor Liñares

Locutor

Iván Loureiro

Locutor

Iván Loureiro

Locutor

Javier Loureiro

Locutor

Javier Loureiro

Locutor

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo