1x4 Os soños

...

1x4 Os Soños

Cando eu era pequeno, ás veces, meus pais preguntábanme que quería ser de maior. Normalmente facíano diante doutros adultos que me miraban moi atentos, esperando con medio sorriso debuxado xa na cara, igual que esperaba Todd Packer a que Michael Scott dixera algunha indecencia. Eu, completamente alleo ao meu contexto, respondía serio, sen dubidar: "Pola mañá sobrero, pola tarde bombeiro e pola noite barrendeiro". A audiencia escachaba coa risa, e eu non o entendía ben porqué. Así de simples e de complicadas ao mesmo tempo eran as miñas expectativas laborais. Evidentemente, estas foron cambiando segundo me facía maior e agora podo dicir, sen medo a me equivocar, que non cumplín ningunha das expectavivas daquel pequeno rapaz que soñaba co multiemprego. Ás veces teño a estrana sensación de que son os soños os que persiguen a un en vez de ser ao revés. Míster Wonderful, por outra banda, teno moi claro: "Persigue tus sueños, ellos saben el camino". Frase case perfecta que acabou por redondear Jorge Ponce: "Persigue tus sueños, pero no te flipes". Hoxe falaremos de soños, de ambicións, de expectativas... Será un bo momento para parar a reflexionar sobre as que levamos cumpridas e as que quedan por vir. Onde acaba o soño e onde comeza a codicia? Está o século XXI á altura do esperado ou é unha mala copia do século XX? Que nos agarda a nós, vellos prematuros? Viviremos unha revolución tecnolóxica que non comprenderemos? Nós!!! Que mutamos o escachapiollos para poder escribir TQMX BSB SALU2. Non creo que teñamos resposta para todas estas preguntas, pero, polo menos, botaremos un rato de leria no que non estaremos a pensar en Pablo Motos. Abride as orellas que comezamos. Sodes todos benvidos.

Podcast

Lista de programas

Fecha: 11 de Noviembre de 2021 a las 22:00

Programa: Vellenials

categoría: Comedia

RSS:

PARTICIPANTES

Juan Mayo

Locutor

Juan Mayo

Locutor

Néstor Liñares

Locutor

Néstor Liñares

Locutor

Iván Loureiro

Locutor

Iván Loureiro

Locutor

Javier Loureiro

Locutor

Javier Loureiro

Locutor

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo