Hainas sen pelo e hainas moi peludas, hainas cariñosas e hainas que morden, hainas que ulen a rosas e hainas que cheiran peor que o cuito. Hainas ariscas e hainas que se deixan sobar. Seguro que os nosos oíntes máis adiantados xa se decataron do tema a tratar no día de hoxe. Efectivamente, hoxe falaremos das mascotas. Eses animais de categoría superior, animáis premium con máis privilexios, e, nalgúns casos, con máis roupa que algunha xente. ¿Pero que é unha mascota? ¿Cales son os rasgos diferenciadores que os separan dos animais que non o son? Nós, Millenials de pro, temos o concepto moi claro, xa que o noso terceiro proxenitor, a televisón, amosóunolo dende ben cativos. O Xabarín aprendeunos a cantar e Rex aprendeunos o valor da lei e da xustiza. Hai que di que Rex, o can policía, conseguía un ascenso na segunda tempada e chegaba a ser comisario, e pasaba horas no despacho cadrando turnos e organizando as vacacións dos seus compañeiros. Quero pensar que é certo. Nós, nacidos nos oitenta, fumos testemuñas directas, e cómplices, en moitos casos, da primeira mascota virtual, o ben querido Tamagochi e agora miramos con condescendecia aos que xogan o Nintendogs sen nos lembrar de que nós limpabamos as bostas do pequeno aparello xaponés. Falaremos, espero, de Lúa, de Perla, de Toby, de Laika e, por suposto, do Mariscal Michel Ney, que deu nome a un sinfín de cans por toda Galicia pese a que non existan probas de que son descendecia del. Falaremos de zeta-zeta, de madíbulas prominentes, de gatos negros, de grilos, de corvos, de vacas e ata falaremos desa xente que se perdeu nalgún momento da súa vida e interpretou que unha tarántula era unha mascota que tiña moito, motísimo que aportar. Sodes todos benvidos.
Fecha: 4 de Noviembre de 2021 a las 22:00
Programa: Vellenials
categoría: Comedia