A ver quen fai máis trompos co coche, a ver quen bebe máis, a ver quen usa menos o condón, a ver quen estudia menos, a ver quen lle fai menos caso os pais, a ver quen se pon no lado malo nas curvas dos rallies, a ver quen abre máis noces coa cabeza, a ver quen lle bota máis pimentón picante ao pulpo, a ver quen fai un simpa, a ver quen lle di algo á cantante da orquesta, a ver quen abre unha estrella cos dentes, a ver quen salta a cacharela máis alta, a ver quen leva a máscara máis lonxe da boca, a ver quen di unha palabrota máis alta en misa, a ver quen saca peores notas, a ver quen se sube ao teito do patrol da guardia civil, a ver quen lambe esa barandilla congelada, a ver quen se salta o semáforo en rojo, a ver quen se tira de cabeza desde a rocha máis alta, a ver quen fuma un ducados máis rápido... Ser o máis guai da pandilla é un deporte de risco, diso non hai dúbida. Íamos chamar a varios expertos no tema, pero están todos no Camposanto, así que falaremos nós de oídas. Sodes todos benvidos.