1x10 A lotaría

...

1x10 A Lotaría

O 22 de decembro é unha data que moitos de nós subliñamos en vermello cada ano no calendario. Ah, claro, diredes, ese día é Santa Francisca Javier Cabrini, fundadora das Hermanas Misioneras do Sagrado Corazón e gracias a ela, 204.718 mulleres celebran o seu santo. Non, non é por iso, por moi ben que lle quede a unha bebé recén nacida que a chamen Paca, o noso motivo de celebración é outro. Ese día lévase a cabo o famoso sorteo de lotaría do Nadal. Hai moitos xeitos diferentes de vivilo, desde o que lle toca o premio e se enfada porque ten que pagar impostos ata a xente que madruga, colle o disfraz máis humillante que exista, a poder ser feito de décimos do sorteo, e se dirixe ao Teatro Real de Madrid cunha confianza en si mesmo e unha autoestima que quen lla dera a Pérez Reverte. Hai xente que gasta, ou invirte, cantidades nada despreciables de cartos neste acontecimento i é que, como lle oín hai pouco a un monologuista, "la ludopatía es la única enfermedad que te puede salir bien". Son moitos os que a adoran e non poucos os que a odian; hai quen ve nela un xeito instantáneo de facerse rico e hai quen considera que é simplemente outra estrataxema do Estado para quitarnos un pouquiño máis de cartos. Sexa cal sexa a túa postura, o sorteo do gordo forma parte do noso Nadal, i é que un Nadal sen un reporteiro en prácticas ao pé dunha administración de lotaría facéndolle á xente preguntas tan agudas como que se están contentos por teren gañado 400.000 euros, non é un Nadal como debe ser. Para pechar esta breve introducción, permitídeme que vos transmita unha valiosa frase que me dixo unha vez unha persoa que sabe da vida máis ca min. "Non traballes moito, porque traballando moito non tes tempo de gañar cartos". Sodes tods benvidos!

Podcast

Lista de programas

Fecha: 23 de Diciembre de 2021 a las 22:00

Programa: Vellenials

categoría: Comedia

RSS:

PARTICIPANTES

Juan Mayo

Locutor

Juan Mayo

Locutor

Néstor Liñares

Locutor

Néstor Liñares

Locutor

Iván Loureiro

Locutor

Iván Loureiro

Locutor

Javier Loureiro

Locutor

Javier Loureiro

Locutor

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo