1x1 Os enterros

...

1x1 Os Enterros

Saúdos a todo mundo. Antes de comezar a esbardallar, antes que desactivemos os frenos do autocontrol, deixádeme que, durante uns minutos, vos explique un pouco o qué e o porqué de Vellenials. Comecemos polo nome: os máis avispados xa vos dariades de conta de que vellenials é unha mezcla das palabras vellos e millenials. Creo que todos sabemos o que é un vello, pero non todo o mundo sabe o que un millenial. De feito, non hai un consenso común para nos definir, pero, a grandes rasgos, os millenials somos a xeración nacida entre os 80 e os 90. Algo que nos define moi ben é que vivimos a revolución tecnolóxico-informativa e que nos sabemos mover moi ben nesta nova era dixital. Somos a xeración que pasou de andar timbrando nos portais para ver a un amigo, a mandarlle un chío, a ese amigo cando Whatsapp está caído; enchíamos as prazas de vilas e cidades con balóns de fútbol e cordas para saltar, agora facemos ximnasia inalámbrica coa Wii; comíamos o Frigopies como se fosén maná dos ceos, e agora tomamos chía orgánica e aínda dicimos que está boa... somos a xeración do medio, a xeración ponte, a xeración perdida... e facémonos maiores... Miramos cara atrás con nostalxia, pero é unha nostalxia adulterada, nostálxicos do Nokia 3310, do One touch Easy, dos futbolistas con bigote, do Ronaldo bo... Nostálxicos das matanzas, das filloas de sangue cuxa trazabilidade ía do porco ao noso bandullo, nostálxicos da nosa propia cultura e dos nosos rituais de soplar cartuchos de videoxogos, nostálxicos dos pitos de colores na feira...ai, mimá... pobriños pitos... Nostálxicos do que se facía antes con 200 pesetas... Curioso sentimento o da nostalxia... "Moi ben", pensaredes, Millenais que se fan vellos, "Merece iso un programa de radio, un podcast?". Merecemos... porque somos millenials e imos vellos, pero falta o dato máis importante: tamén somos galegos. Non creo que faga falta explicar o cambio que viviu, ou está aínda a vivir Galicia nos últimos 40 anos... Pasamos de ser Rumanía, sen ánimo de ofender, a ser un acomplexado sylicon valley de Leader Price. Os vellenials galegos fomos testigos dos cambios maís grandes que se levaron a cabo no noso país, somos os que temos a TVG no 3 e Antena 3 no 4, medramos buscando "los 8 errores de Laplace", vimos a nosa fotografía na tele o día do noso cumpreanos, pasamos de dicir vocal a dicir vogal, somos dos que sabemos que un euro son 166,386 pesetas Somos o eslabón perdido entre a señora que vende grelos na nacional 550 e un diseñador trendy de inditex chamado Johnathan Muíños. Somos a unión entre dous mundos, somos a visión periférica dunha sociedade que mudou para nunca volver e por iso o noso discurso é importante, inviolable. Temos o deber de deixar rexistrado o mundo antigo, o noso, o mundo no que habíasde manchar as mans, tanto para traballar, como para xogar. Haino que deixar rexistrado para que as xeracións que estean por vir teñan un faro que as oriente. Somos galegos, somos millenials, somos vellos, e o noso mundo esmorece. Pero sempre quedará esperanza mentres quede 1 hora á semana para facer o parvo. Sodes todos benvidos.

Podcast

Lista de programas

Fecha: 14 de Octubre de 2021 a las 22:00

Programa: Vellenials

categoría: Comedia

RSS:

PARTICIPANTES

Juan Mayo

Locutor

Juan Mayo

Locutor

Néstor Liñares

Locutor

Néstor Liñares

Locutor

Iván Loureiro

Locutor

Iván Loureiro

Locutor

Javier Loureiro

Locutor

Javier Loureiro

Locutor

Acerca de

https://cuacfm.org/

Redes sociales

Nuestra dirección

comunicacion@cuacfm.org

Esta página web funciona con RadioCo