Neste episodio recibimos a Candela Battiato, creadora incansable e divulgadora cultural que está a revolucionar Instagram e TikTok (@sonsdecande) contando as historias dos murais rurais galegos. Gañadora do premio GaliTiktoker, Candela comparte con nós como xurdiu a súa paixón por amosar o arte das aldeas e como o transforma en contido que engaiola a centos de persoas.
Tamén falamos sobre o seu documental sobre Picasso, un proxecto que se converteu no seu TFG e que lle permitiu profundar na figura do artista malagueño dunha maneira propia e moi persoal.
E non é todo: nesta entrega descubrimos a fascinante e inesperada historia de Inés de Castro, unha trama de amor, poder e lenda que non deixará a ninguén indiferente.
¡Un episodio cheo de cultura fresca, curiosidade e boas historias!
Fecha: 5 de Diciembre de 2025 a las 20:00
Programa: Velaí vai
categoría: Sociedad y cultura