Antes dos audiolibros, Ulalume lía relatos, poemas e fragmentos con músicas peneiradiñas para ti. Un programa literario dos alboreares de CUAC FM, cunha boa onda de humor, uns seus hertzios de improvisación e un campo electromagnético que se estendeu alá uns 150 programas, entre 1996 e 2001. Ulalume é un enigmático poema de Edgar Allan Poe e ben podía ter resonancias galegas e mesmo cósmicas, pero con certeza literarias e radiofónicas. Así o imaxinamos. Con seccións como Cuentamínanos ou Crónicas Marcianas, Ulalume foi un equipo que foi variando no tempo pero do que non se apearon Bea Ulalume, Esti Ulalume, Estefanía Ulalume e Serxia Ulalume con Mariano Ulalume nos controis de son. No 103.4 literariamente semanal onda ti dende os tempos do casete.
En 2026, Ulaume volve cun especial no maratón radiofónico do 23 de maio polo aniversario de CUAC FM. E, xa postos (a radio é adictiva), con outro polo eclipse total dese ano.
E xa buscaremos algunha excusa máis...