Programa número 510, no que entrevistamos a Marta Bobo Arce, ex ximnasta galega que participou nos Xogos Olímpicos dos Ánxeles 1984 e que agora é profesora na Facultade de Ciencias do Deporte da Universidade da Coruña.
Tamén tivemos a sección de Medio Ambiente, a cargo de Damián Romay.
E na sección de Poesía Galega, Gema Millán recitou un poema de Domingo Tabuyo.
Fecha: 21 de Octubre de 2025 a las 19:00
Programa: Recendo
categoría: Sociedad y cultura