No último programa do ano imos falar de algo tan noso, e á vez tan descoñecido como o mar. Para elo convidamos a Rogelio Santos Queiruga, o influencer do mar, quen nos acompaña a través da liña telefónica.
Rogelio Santos Queiruga é mariñeiro, patrón de pesca e mariscador pero tamén se declara labrador e xardiñeiro. Vive en Porto do Son ó sur da provincia da Coruña, na ría de Muros e Noia. Hai unha frase súa que me parece que o define "É importante poñer en valor o que temos e o que somos". Neste cometido fai unha importante labor de divulgación a través das redes sociais, e máis aló. Rogelio é o que hoxe en día se dou en chamar "un influencer". É un defensor do mar e da natureza .
Falamos con Carmen Reigía, Coordinadora Provincial da Cruz Vermella. Nestas datas tratan de que a ningún neno lle falte un xoguete novo, non bélico e non sexista.
Tamén ao teu lado, a radio pode desenvolver unha importante labor social e activista. As ondas herzianas alentan experiencias como a de Raúl Rodríguez, xornalista chileno que andando polo mundo recalou en Madrid. A súa labor activista nas radios comunitarias ten contribuído a dar voz, a empoderar a diversos colectivos e grupos sociais. Así nolo contou no Congreso de Alfabetización Mediática de CUAC FM.
Desexámosvos Bo Nadal ...e voltamos ó 12 de Xaneiro do Ano Novo...
Fecha: 15 de Diciembre de 2022 a las 13:00
Programa: RadioSénior
categoría: Sociedad y cultura