Co programa de hoxe queremos levantar a voz contra as violencias machistas e facemos nosa a frase da campaña do concello da Coruña “ignorar a violencia non é o mesmo que eliminala, sexamos parte da solución non do problema”. Un ano máis sumámonos ás reivindicacións do 25 de Novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller,
Falamos con Ana Jesús López Díaz, profesora titular de Enxeñaría Mecánica da Universidade da Coruña, cunha importante traxectoria na loita a prol da igualdade entre mulleres e homes na universidade e na Ciencia.
Escoitamos unha audioficción, baseada en centos de feitos reais. O relato “Mi historia” desenvolvido por Sara Berárdez, Daniel Castro e Alba Antelo vén de gañar o primeiro premio no concurso de creación artísticas para a prevención do acoso convocado pola Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC. Asistimos ó I Congreso internacional de Alfabetización Mediática e falamos con algún dos ponentes. Andando polo mundo achegámonos a Noemí , siciliana en España. |
|
Fecha: 1 de Diciembre de 2022 a las 13:00
Programa: RadioSénior
categoría: Sociedad y cultura