-.Lorena Fernández é enxeñeira informática e directora de identidade dixital na Universidade de Deusto. Ao longo da súa traxectoria ten desenvolvido unha intensa labor divulgadora e un forte compromiso pola integración e visibilización das mulleres no eido das ciencias e da tecnoloxía.Neste cometido Lorena Fernández forma parte do comité científico do Premio Ada Byron á muller tecnóloga, e de Inspira STEAM, un proxecto para fomentar vocacións científico-técnicas entre as nenas. Tamén é a creadora do xogo Nobel Run, que vén de ser nomeado finalista ó mellor xogo educativo pola Board Game Convention. Axúdanos a entender un pouco millor a Intelixencia Artificial da que tanto se fala estes dias na nosa cidade...
.-Falamos coa profesora Marta Rey García sobre as iniciativas que está a desenvolver no Seminario que leva por titulo “Sustentabilidade e Economía Circular na práctica: que podemos facer” .
-Imos falarvos da casa de Borraxeiros, na Agolada provincia de Pontevedra. Conta no seu libro “Eva e María” o canónico Don Ricardo Sánchez Varela os feitos acontecidos nunha casa rural coñecida como “a casa de Varela”. Esta casa era propiedade dun labrego retornado de Cuba e na actualidade atópase deshabitada. Escoitade...para entender porque...
-Andando polo mundo atopamos a Raquel Jaramillo doutoranda ecuatoriana da UDC.
...e moitas cousas máis !!!
Fecha: 3 de Noviembre de 2022 a las 13:00
Programa: RadioSénior
categoría: Sociedad y cultura