Iniciamos este programa na Universidade Senior cun especial sobre o proxecto de democratización do coñecemento de Betanzos, que a semana pasada clausuraba a súa última edición .Tamén rematou en Ortigueira. estes cursos vertebrunos o Camiño de Santiago.
Entrevistamos a Sivia Longueira Castro Directora da Fundación Luis Seoane, entidade encargada da divulgación e conservación da obra deste polifacético e prolífico artista, así como da produción de exposición de actividades culturais. Cunha intensa labor no eido da xestión cultural Silvia Longueira puxo en marcha “Rey de Oros” a primeira empresa neste eido de Galicia. Socia fundadora da Asociación Galega de Críticos de Arte, Silvia ten publicado diversos libros e catálogos relacionados con temática museística e traxectoria de artistas, ademáis de colaborar en diversos medios xeralistas e especializados.
O pasado mércores, vinte e un de outubro falláronse en Barcelona os Premios Ondas dous mil vinte e un, galardón máis prestixioso da radio neste país. Na súa edición número 68 este premio vén de distinguir a Ángeles Afuera co Premio Ondas á mellor traxectoria. Un premio máis que merecido pola súa importante labor como xornalista e documentalista da cadena SER da que nos falou hai uns meses aquí, en Radio Sénior.
Dentro do palmarés deste ano temos que celebrar tamén o premio a “Estirando el chicle” da coruñesa Carolina Iglesias e Victoria Martín, que se alzou co premios Ondas ao mellor podcast ou emisión dixital. Se aínda non coñeces este programa de humor e entrevistas, o 4 de decembro tes a oportunidade e acompañalas en vivo en Palexco.
Seguimos celebrando recoñecementos de voces que pasaron por RadioSénior. Neste caso o da cantautora MJ Pérez que vén de gañar o Premio Martín Codax da Música a mellor Canción de Autora polo seu disco “A luz prendida
Fecha: 4 de Noviembre de 2021 a las 13:00
Programa: RadioSénior
categoría: Sociedad y cultura