Adicamos o programa de hoxe ó dia do libro.
Rosa Porcel é profesora do Departamento de Biotecnoloxía da Universidad Politécnica de Valencia. Licenciada en Ciencias biolóxicas e doutora en Bioquímica e Bioloxía Molecular pola Universidade de Granada, ten desenvolvido unha intensa labor investigadora pola que recibiu diversos recoñecementos. Mais Rosa é unha divulgadora nata, como se observa na súa obra “Eso no estaba en mi libro de botánica” galardoada co premio Prisma ao mellor libro editado. Sobre este libro e outras cousas máis falou con Radio Sénior.
Para falar de lectura convidamos a Cristina Ameijeiras directora da Biblioteca Municipal do Ágora a compartir connosco os micrófonos de RadioSénior. Cristina Ameijeiras é Licenciada en Xeografía e Historia e ten un Mestrado en Documentación Pedagóxica, Lectura e Documentación. Comezou a súa andaina na Revista Educación y Biblioteca onde xa se interesou polas bibliotecas escolares, a lectura e os libros a idades temperás. Bibliotecaria nas Bibliotecas Municipais de A Coruña dende 1998 coordinou o programa de bibliotecas escolares e numerosas actividades e accións de fomento da lectura.
O Centro de Estudos de Xénero e Feministas, da UDC, en colaboración co Concello da Coruña vén de desenvolver o proxecto Bibliodiversidade.Uso de literatura infantil e xuvenil para a educación afectivo-sexual.
Sobre este proxecto falamos coa súa Coordinadora, Ana Amigo Ventureira.
Fecha: 21 de Abril de 2022 a las 13:00
Programa: RadioSénior
categoría: Sociedad y cultura