Hoxe falamos sobre o Pazo de Meirás e o expolio Franquista con Manuel Monge González,
Manuel Monge González é mestre e sociólogo. Malia ter nacido en Laguna do Duero, na provincia Valladolid, a súa extensa labor política, social e cultural están ligadas a Galicia.
Foi vicepresidente da Asociación Veciñal de Monte Alto; coordinador da Comisión en Defensa do Asilo de Adelaida Muro; concelleiro do BNG na Coruña; e presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Na actualidade é secretario do club de opinión Foro Cívico e presidente de Defensa do Común.
Asemade Manuel Monge é tamén autor de numerosas obras que vehiculan un forte compromiso final. A última, publicada hai uns meses titúlase: Una Monarquía corrupta y heredera del franquismo (2021).
Nesta liña o noso espazo de casas senlleiras estará adicado a Casa Cornide, outro dos emblemas deste expolio na cidade da Coruña.
Falamos da soliradidade có povo Ukraino e das propostas de colaboración e dos encontros en Mª Pita os domingos ás 12.
Andando polo mundo imos a Oslo da man de Luis Cadahía.
Para pór en contacto e relación das persoas de Ucrania, veciñas e recén chegadas, os domingos as 12 da mañá celébrase unha xuntanza na Praza de María Pita.
Fecha: 24 de Marzo de 2022 a las 13:00
Programa: RadioSénior
categoría: Sociedad y cultura