Polas mulleres de Ucrania que son campo de batalla e botín de guerra. Polas afganas, que un día despertaron sen dereitos. Polas mulleres que cruzan o estreito en pateras, arriscando a súa vida. Por aquelas en situación de vulnerabilidade e violencia. E por tantas outras que viven a cotío diversas formas de desigualdade, cómpre unha data como o 8M.
Alegato a prol da igualdade e a paz de Ricardo Seixo, poeta e amigo, máis necesario que nunca nestes tempos que corren.
Mulleres Colleiteiras é un proxecto que busca empoderar e darlle un medio de acceso ao autoemprego a mulleres en situación de exclusión social. O traballo destas mulleres permite dar unha nova vida ao aceite doméstico usado a través dun proceso de recollida, almaceamento, valoración e reutilización deste refugallo. Unha alternativa sostible tanto dende unha perspectiva ambiental como social, e da que coñeceremos máis da mandas nosas convidadas.
Andando polo mundo ,Tatiana Quintáns Blanco achéganos a Australia.
Na Coruña, na rúa Castiñeira de abaixo, atopamos Gastrolavka, unha tenda especializada en alimentación dos países do leste de Europa. Ao fronte desta tenda atopamos a Yevehn Rubaniak, un ucraniano afincado na Coruña, co que falamos da situación que vive o seu país. .
Fecha: 10 de Marzo de 2022 a las 13:00
Programa: RadioSénior
categoría: Sociedad y cultura